9 de set. de 2017

A GUARDA

RECANTO DA ARTE

“CATRO MÉDICOS POLO BAIXO MIÑO: UN CALEIDOSCOPIO DA COR

A mostra colectiva de pintura pode visitarse ata o 24 de setembro


Vista parcial da sala de exposicións do Centro Cultural e Social da vila
Foto: Infogauda

Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Desde o pasado día 1 e ata o 23 deste mes de setembro, a sala de exposicións do Centro Cultural e Social da vila de A Guarda acolle unha mostra colectiva de pintura que leva por título xenérico “Catro médicos polo Baixo Miño”. 

 Os artistas participantes son Tino Cuesta, Pablo Galego Feal, Xesús Vázquez e Leopoldo García. 

 “Catro médicos polo Baixo Miño” é unha mostra heteroxénea, en tódolos sensos: cromática, estilística e temáticamente, falando. É como un caleidoscopio onde á cor - perfectamente diferenciada segundo a particular paleta de cada artista - é a protagonista. 

  Na exposición hai olladas deica o infindo horizonte, onde o azul ultramar, dinámico, sempre cambiante, marca á diferenza co azul cerúleo, cuxa protagonista do espazo inabarcable é a luz.

 En evidente contraste, hai obras que amosan á forza, cáseque telúrica, como se de un volcán se tratase, que irradia á bóveda celeste dunhas cores vivas, que mesmo nos evocan os solpores, neses intres efímeros e máxicos, entre lusco e fusco, que nos avanzan á predicción climatóloxica do día seguinte.

 Ollamos técnicas mixtas, sen exceso matérico, a carón de obras de estilo expresionista, e mesmo cadros de un surrealismo que semella unha chiscadela en homenaxe á Maruja Mallo, a grande pintora galega, da xeración do 27, da chamada vangarda interior española.

 Hai auga de mar, ceo e terra; figuras humanas espidas, interiores, paisaxes,...

 En definitiva, existen moitos argumentos para suxerir unha visita a sala de exposicións do Centro Cultural e Social da vila guardesa, e sumerxirnos na mostra “Catro médicos polo Baixo Miño”. Con toda probabilidade non vai deixar indiferente a quen acuda co desexo de disfrutar, botándolle unha ollada de vagar. 

 A exposición poderá admirarse ata o 23 de setembro, no seguinte horario: do 1 ó 15 de setembro de 9:00 a 14:00 h. (luns a venres) e de 10:00 a 13:00 h (sábados), e do 16 ó 23 de setembro de 10:00 a 13:00 h. e de 17:00 a 20:00 h. (luns a venres) e de 10:00 a 13:00 h. os sábados.

Ningún comentario: