28 de ago. de 2017

RIBADAVILA (A GUARDA)

DEPORTES

JOSÉ CARLOS FERREIRA GONZÁLEZ, GAÑADOR ABSOLUTO DA CARREIRA PEDESTRE POPULAR VIRXE DA GUÍA, 2017


ISABEL MASSÓ ÁLVAREZ, FOI A GAÑADORA ABSOLUTA EN FÉMINAS 

José Carlos Ferreira González,  gañador absoluto das Carreiras Pedestres Populares "Virxe da Guía", 2017, celebradas en Ribadavila (A Guarda)
Fotos: Infogauda

Infogauda / Ribadavila (A Guarda)

 Logo do serán organizado pola Asociación Vento Mareiro, que tivo lugar na noite do sábado, as celebracións preliminares na honra da Virxe da Guía, en Ribadavila (A Guarda) tiveron na tarde do domingo día 27 de agosto, un dos seus eventos máis tradicionais: as Carreiras Pedestres Populares "Virxe da Guía".

 Como salientou o presidente da Asociación Virxe da Guía, as Carreiras Pedestres Populares da Virxe Guía, son as decanas en Galicia deste tipo de probas.

 Nunha tarde de verán, con unha temperatura óptima para o respetable público, que seguiu de preto o desenvolvemento das carreiras, e aceptable para os participantes, as Carreiras Populares Virxe da Guía, 2017 comezaron o fío das 19:00 h. coa participación dos máis noviños, tanto en féminas como en varons, que segundo súas edades, percorreron unhas distancias de 110 m., 200 m., 870 m., 1.350 m. e 2.180 m., para rematar coa proba raíña, na que os atletas tiveron que percorrer 6.500 m.. Nesta última, logo de un limiar polo circuito do barrio de Ribadavila, sairon pola rúa Calvario, en dirección a rúas José Manuel Andreini e República Dominicana, para coller a Estrada do Castro, e o chegar a Sete Camiños, afrontar a Subida a Zamar, e logo a baixada As Loucenzas, Praia Area Grande, Praia de Fedorento, e a progresiva subida deica a meta, pasando previamenhte por Sucampo, Solanas, rúa Rosal, rúa Calvario, Praza de Santo Tomás e chegada á Praza da Guía.

 O vencedor absoluto das Carreiras Pedestres Populares Virxe da Guía, 2017 foi o guardés José Carlos Ferreira González, con un tempo de 19´38". En segunda posición entrou na liña de meta Eduardo García Fernández, con un tempo de 20´55", e a terceira posición foi para José Luis Videira Lomba, de A Guarda, con un tempo de 24´44". Este atleta non quedaría á entrega de premios.

Isabel Massó Álvarez, vencedora absoluta en féminas, con José Carlos Ferreira González, cos seus correspondentes trofeos 


 En féminas, a vencedora absoluta foi Isabel Massó Álvarez, que na súa categoría non tivo rivais. Esta atleta fixo un tempo de 30´47".

Manuel Flores Cerqueira, no máis alto do podio, con Luis Orea Rubido - á súa dereita - e Juan F. Otero Domínguez

 Na categoría de 51 anos en diante (varons), o vencedor foi o atleta rosaleiro, afincado na Guarda, Manuel Flores Cerqueira, que logo da ruta de cicloturismo que fixera pola mañá, cos compoñentes do Club Ciclista Guardés, logrou facer un tempo de 23´19". En segunda posición entrou Luis Orea Rubido, con un crono de 25´48" e en terceira posición, Juan F. Otero Domínguez, con un rexistro de 27´34".

 No referente os premios, houbo trofeos para os tres primeiros atletas de cada categoría (féminas e varons), así como medallas para os atletas máis noviños e agasallos para todos os atletas que fixeron podio.

 No desenvolvemento das Carreiras Pedestres Populares Virxe da Guía, participaron efectivos da Policía Local de A Guarda, así como compoñentes do Club Ciclista Rosal e do Club Ciclista Guardés, membros da Asociación Conrazones e da Asociación Virxe da Guía. 


RESULTADOS POR CATEGORÍAS:



CATEGORIA  0 – 3 ANOS


FEMENINA
MAR LORENZO ABREU

ALBA GONZALEZ CARRERA

ALBA RODRIGUEZ RASCADO



MASCULINA
ANXO LOMBA MIGUEZ

ERIC FELIX GESTEIRA

KEVIN  RODRIGUEZ GONZALEZ



CATEGORIA 4 – 6 ANOS

FEMENINA
GABRIELA BOUZADA SENRA

VERA PAZOS LIMA

NOA CARNEIRO GONZALEZ



MASCULINA
YERAY  DACUÑA  SIERPES

YAGO GONZALEZ COSTAS

CESAR CADILLA RODRIGUEZ



CATEGORIA 7 – 9 ANOS

FEMENINA
ELISA MORGADO RODRIGUEZ

IRIS MARTINEZ RODRIGUEZ

HELENA PEREZ GONZALEZ



MASCULINA
ALEX SIERPES PEREIRA

ALEXIS LEMOS MARTINEZ

HUGO SANTOS PEREZ



CATEGORIA  10 – 12 ANOS

FEMENINA
MARCELA MORGADO RODRIGUEZ

CARMEN MAGALLANES PEREZ

MARIA BAZ LOMBA



MASCULINA
HUGO DOMINGUEZ LINDO

CRISTIAN SIERPES PEREIRA

ALEJANDRO BOUZA SENRA



CATEGORIA  13 – 15 ANOS

MASCULINA
JAVIER SANZ BERRIDY

MARIO POUSA RODRIGUEZ



CATEGORIA 16 – 21 ANOS
MASCULINA
KEVI N ALVAREZ VILLA
24.15
DANIEL  JALDO MARTINEZ
30.47


CATEGORIA 22 – 30 ANOS

MASCULINA
ANTOLIN MARTINEZ MARTINEZ
21.03
ROSENDO LORENZO GUERRA
22.17
ADRIAN VILA RODRIGUEZ
28.49


CATEGORIA 31 – 40 ANOS

MASCULINA
RUBEN ALONSO PEREIRA
21.42
PABLO PEREZ RODRIGUEZ
21.51
RAMIRO ALVAREZ RODRIGUEZ
22.36


CATEGORIA  41 -50 ANOS

FEMENINA
ISABEL MASSO ALVAREZ
30.47


CATEGORIA 41- 50 ANOS

MASCULINA
JOSE CARLOS FERREIRA GONZALEZ
19.38
EDUARDO GARCIA FERNANDEZ
20.55
JOSE LUIS VIDEIRA LOMBA
24.44


CATEGORIA 51 EN ADIANTE

MASCULINA
MANUEL FLORES CERQUEIRA
23.19
LUIS OREA RUBIDO
25.48
JUAN F. OTERO DOMINGUEZ
27.34

GAÑADORA ABSOLUTA FEMININA: ISABEL MASSÓ ÁLVAREZ
GAÑADOR ABSOLUTA MASCULINO : JOSÉ CARLOS FERREIRA GONZÁLEZ

Ningún comentario:

Publicar un comentario