28 de ago. de 2017

DEPORTES

PIRAGÜISMO

DÚAS PRATAS E UN BRONCE PARA O CLUB DEPORTIVO MIÑO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA “JÓVENES PROMESAS”

 Compoñentes dos Teixugos

Informa (fotografías e Redacción): Rosa Fernández Carrera

 A pasada fin de semana celebrouse na canle olímpica da Seu D´Urgell o Campionato de España de “Jóvenes Promesas”, co que se pecha a  “XII Liga Española de Jóvenes Promesas de Slálom”, onde competiron deportistas das categorías Infantil e Cadete de toda España. 

 Cinco foron os deportistas dos Teixugos que acudiron a esta cita. Durante a mañá do sábado cada deportista fixo dúas baixadas, das que contaba só a mellor, o domingo pola mañá outras dúas, contando tamén a mellor das dúas. O resultado final do campionato ven dado pola suma dos postos do sábado e do domingo. 

 A primeira medalla foi para Ariadana Pereira que en K1 Cadete onde rematou terceira. 

 En K1 Infantil-B Muller Ainhoa Barreiro foi sétima e Alba Soutelo décima, as mesmas deportista participaron tamén en canoa, rematando Alba quinta e Ainhoa octava. 






 Na categoría Infantil-B Home C1, Samuel Castro acadou medalla de prata e Sergio Martínez foi quinto, na mesma categoría, pero K1, Sergio foi segundo, medalla de prata, por tanto,  e Samuel noveno. 

 Na clasificación final por equipos o Club Deportivo Miño rematou na quinta posición. 

 O sábado pola tarde celebrouse tamén o Campionato de España de patrullas ou slálom por equipos, no que os Teixugos, formando equipos con palistas de varios clubs galegos representando a Federación Galega, acadou dúas novas medallas. 

 En C1 Infantil a patrulla da federación galega na que participaba Samuel Castro, dos Teixugos, xunto con Brais Caride e Yoel Costales, do Penedo de Tui, quedou en segundo lugar; na mesma categoría, a patrulla formada por Sergio Martínez dos Teixugos, Hipólito Alves do Penedo e Darío Mínguez, do Tea foi cuarta. 

 En K1 Infantil a patrulla que integraba a Sergio Martínez foi cuarta e a de Samuel octava. 

 En K1 Infantil feminino, a patrulla formada por Ainhoa e Alba, dos Teixugos xunto a Rosana Bernárdez, do Tea acadou a medalla de bronce. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario