5 de ago. de 2017

GOIÁN

O PUNTO DE INFORMACIÓN DO ESPAZO FORTALEZA DE GOIÁN OFRECE ACTIVIDADES PARA TODOS OS PÚBLICOS 

ADEMAIS DE OBRADOIROS INFANTÍS E PRÉSTAMOS DE LIBROS, HABERÁ ALUGUER DE KAIAKS E BICICLETAS 

Vista parcial do interior do punto de información do Espazo Fortaleza de Goián
Foto: C.T.

Infogauda / Goián

 O punto de información do Espazo Fortaleza de Goián ten novo horario de verán: de xoves a domingo, de 16:30 a 18:30 hs. O Punto Fortaleza ofrece información turística a visitantes e tamén sobre as distintas actividades que se realizan en Tomiño y resto da comarca do Baixo Miño. 

 Ademais, se realizan actividades para o público, na súa maioría infantil, tales como obradoiros de reciclaxe, plástica, fabricación de xoguetes, conta contos, ou actividades puntuais, como “xogando con pompas de xabón”, xogos populares e obradoiros medioambientais, entre outros.  

 Ademais do préstamo de xoguetes, xogos de mesa, libros e revistas tanto para público infantil como adulto; se ofrecen, de forma gratuíta, unha serie de espazos para uso das persoas que visiten o Espazo fortaleza e as súas praias. Entre eles, un espazo de aleitamento, para as mamás e os seus bebés, ou un espazo de xogo infantil, no que nenas e nenos a través do xogo libre, desenvolven a súa creatividade e gozan da zona acondicionada para ese fin.

 Para mediados do mes de agosto ofrecerase tamén aluguer de kaiaks e bicicletas.  Durante o mes de xullo o Punto Fortaleza (atendido por Tamara Nayr Gagliardi, con 9 anos de experiencia acreditada desenvolvendo proxectos no ámbito da animación sociocultural, e Karina Bouzada González, monitora de tempo libre), recibiu a visita de persoas de Goián, resto de Tomiño e do Baixo Miño, e tamén visitantes doutras zonas de Galicia, España e Portugal. Durante o mes de agosto, agárdase que a afluencia de visitantes sexa aínda maior.

Ningún comentario:

Publicar un comentario