5 de ago. de 2017

GOIÁN

Festival Transfronteirizo Minho Reggae Sunsplash 2017

1 e 2 de Setembro 



Mariní Schnee / Goián

 O Festival Transfronteirizo Minho Reggae Sunsplash anuncia a súa 8ª edición, que se celebrará a primeira fin de semana de Setembro en Goián (Tomiño), apostando unha vez máis pola beleza e riqueza desta entorna natural. É o primeiro festival galego con temática ecoloxista e sustentable, baseado nos valores e respeto á natureza empregando material reutilizable e compostable. 


 Novamente en colaboración co colectivo Ecosistemas, que establecen a súa actuación na creatividade e na sustentación, dando solución a problemas reais no campo das instalacións efímeras. Céntrase na arquitectura e no deseño de producto para dar soporte a eventos e proxectos con conciencia, concebindo tódalas intervencións dende un prisma ecolóxico, técnico, audiovisual e interactivo. Este ano voltan crear un proxecto de señalética lumínica. Un proxecto para mellorar a mobilidade dos usuarios no festival; tanto o acceso ó recinto, á zona de acampada como ás zonas de traballo do persoal da organización de Minho Reggae, sen esquecerse de revalorizar e promocionar unha área como é o espazo fortaleza.  

A organización anuncia unha nova edición 
 
 

 O Festival Minho Reggae pecha o cartel musical desta 8ª edición coa incorporación das bandas internacionais como o xamaiquino Rod Taylor, a caboverdiana Mo'Kalamity, o caribeño Bob Wasa ou Marcus Gad dende Nova Caledonia, todos os grupos lembrando que é moito máis que un festival. Ademais, o colectivo tamén defende nesta nova edición a escea estatal, contando coas actuacións de Ras Kuko dende as Illas Canarias, os madrileños Mango Wood e, por suposto, non podía faltar a representación galega dende Compostela con Cachas and Cousins. No festival non faltará unha área soudsystem na que colaboran Skank-Fu Hi-Fi, Blackboard Jungle, George Palmer, Nytto Dread e Payoh Soul Rebel. Se ben é certo, resulta toda unha experiencia que unifica unha localización natural única cunha completa programación musical e cultural que combina a música con disciplinas como actividades deportivas e lúdicas.  


 Por se fose pouco, o festival acolle postos de comida así como de artesanía variadas que exemplifican os nosos valores ante a defensa do ecolóxico e sustentable. A maiores, haberá a oportunidade de degustar a cervexa artesanal oficial: a Minho Reggae Splash Beer, Selectah! 

 Trátase realmente dun movemento cultural aberto a tódolos públicos obtendo un   ambiente musical no que se comparten emocións sen deixar de romper fronteiras. 

Actividades diversas no concello de Tomiño 

 O Minho Reggae Sunsplash renovará tamén a súa semana cultural no concello de Tomiño, e ofrecerá unha selección de actividades; proxeccións, obradoiros, exposicións, xogos populares, coloquios, actuacións musicais,... nunha programación pensada específicamente para o Baixo Miño. Tanto a programación como as actividades desvelaranse ó longo das próximas semanas.  

 O colectivo Minho Reggae convídavos a gozar deste festival e expresa os seus agradecementos ao concello de Tomiño, a Vila Nova de Cerveira, a Comunidade de Montes Veciñais de Goián e a Deputación de Pontevedra. 

Ningún comentario: