5 de ago. de 2017

A GUARDA

“ARTE DO ADENTRO” NO CENTRO CULTURAL DA VILA

O luns día 7 de agosto, ás 17:30 h. inaugúrase    


Infogauda / A Guarda


 O colectivo SOMOSARTE inaugura o luns día 7 de agosto, ás 17:30 h., no Centro Cultural da Guarda, a exposición “Arte do adentro”.  Trátase dunha interesante mostra que poderá visitarse ata o 15 de agosto de 10:00 a 13:00 h. e de 19:00 a 22:00 h.   

 A exposición reúne os traballos de sete dos integrantes deste colectivo (tres pintores/as e catro escultores da zona do Baixo Miño): Libia Domínguez, de Goián; Nacho Martínez (Naa), de A Guarda; Mónica Taboada (Puntal), de Camposancos (A Guarda); Adrián Pena, de Vigo; Ignacio Moure (Moure), de Tomiño; Anxo Ferreira, de A Guarda; e Xuxo Malone, de A Guarda.   

 A mostra do colectivo SOMOSARTE é unha cita ineludible para os amantes da pintura e escultura en xeral, pero tamén para coñecer os artistas da nosa zona, nun contexto tan especial na Guarda por estas datas, como son as Festas do Monte Santa Trega.

Ningún comentario:

Publicar un comentario