17 de ago. de 2017

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

O persoal de socorrismo, o GES e o helicóptero Pesca realizaron simulacros de rescate na praia do Forte (Camposancos)
   
O operativo tivo lugar na praia do Forte (Camposancos)
Fotos: María Rodríguez Martínez


Infogauda / A Guarda

 O Grupo de Emerxencias Supranacionais (GES) da Guarda, o helicóptero de salvamento marítimo pertencente ao servizo de Gardacostas (Pesca) e o persoal de socorrismo da praia do Forte (Camposancos) realizaron durante a mañá de onte dúas manobras de rescate na praia guardesa.   



 Para a realización das actividades de salvamento, o GES e o helicóptero Pesca simularon o rescate dunha persoa con dificultades na auga e outra manobra de rescate dunha persoa en situación de perigo a bordo dunha embarcación.   

 O operativo contou con catro membros do helicóptero de salvamento marítimo, encargados de realizar o rescate das persoas e a súa evacuación ó Pesca, un membro do GES a bordo da embarcación e os dous socorristas, interpretando o rol das persoas rescatadas. Ámbalas dúas actividades leváronse a cabo sen complicacións, entre ás 11:30 e ás 12:30 h.,

Ningún comentario:

Publicar un comentario