7 de ago. de 2017

A GUARDA

GALIFORNIA BEAT III


Fotos: Santiago Baz Lomba


Infogauda / A Guarda


 O pasado sábado día 5 de agosto, tivo lugar preto da Fontiña - non nos esquezamos da nosa toponimia tradicional - e a un paso da Atalaia, unha nova edición - á terceira - do Galifornia Beat.

 No evento houbo un Open de skate, flyboard e hoverboard, grafitti, postos de artesanía, concertos, break dance, inchables,...

 En definitiva, actividades que teñen bastantes adeptos entre á mocidade e que cada ano agardan esa data para amosar ás súas destrezas co monopatín, para escoitar á música que lles gosta, e dese xeito, disfrutar da amizade e da beleza que nos ofrece o incomparable entorno do porto de A Guarda.

GALERÍA DE IMAXES DA AUTORÍA DO FOTÓGRAFO SANTIAFO BAZ LOMBA

Ningún comentario:

Publicar un comentario