7 de ago. de 2017

A GUARDA

O catálogo da exposición conmemorativa dos cen anos do Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega xa está dispoñible   

Portada do catálogo da exposición “Viaxando pola historia, cen anos do MASAT” 
Foto: C. A.G.


Infogauda / A Guarda

 A exposición “Viaxando pola historia, cen anos do MASAT” conmemorativa do centenario do Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega, xa conta co catálogo da mostra dispoñible para os visitantes,  composto por un total de 176 páxinas e que poderán adquirilo por un prezo de 10 euros. 

 O catalogo da mostra, que foi inaugurada o xoves día 27 de xullo, recolle a historia do Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega, creado pola Sociedad Pro-Monte Santa Tecla, o primeiro museo arqueolóxico de Galicia aberto ó público en xuño de 1917.   

 Aquelas persoas que desexen coñecer e aproximarse un pouco máis á historia do Museo, sempre vencellado á actividade que en materia de protección e divulgación do patrimonio arqueolóxico do xacemento do Monte Santa Trega, realizaron os seus creadores da Sociedade Pro-Monte, poden achegarse á mostra exposta na Casa dos Alonso. 

 O horario de apertura ó público é, de martes a sábado, de 12:00 a 14:00 horas e de 19:0 a 22:00 horas, e os domingos e días festivos en horario de mañá (de 12:00 a 14:00 horas).

Ningún comentario: