5 de ago. de 2017

A GUARDA

O BNG ACUSA AO ALCALDE A GUARDA DE DISCRIMINAR Á VECIÑANZA DA RÚA SAN CAETANO 

Ángel Luis Baz Vicente (portavoz municipal do BNG no Concello de A Guarda): “Hai un acordo de setembro de 2.016 para realizar esta obra no Plan Concellos 2017, agora o PSOE atrásao ao Plan Concellos 2.018”  

Ángel Luis Baz Vicente, portavoz municipal do BNG no concello guardés

Infogauda / A Guarda

 O BLOQUE NACIONALISTA GALEGO, tal e como xa anunciou nos medios de comunicación, fixo unha serie de preguntas o executivo do Concello de A Guarda sobre o proxecto de mellora da rúa San Caetano, coa sorprendente resposta do goberno municipal de atrasar as obras para o Plan Concellos 2018.  Así o ven de afirmar Ángel Luis Baz Vicente, portavoz municipal do BNG no concello guardés.

 Ángel Luis Baz non dubida en sinalar que “dende o BNG considérase unha discriminación cara os veciños e veciñas da rúa San Caetano, sabendo que había un acordo dende setembro de 2016, para realizar esta obra dentro do Plan concellos 2017. O acordo foi aprobado por unanimidade, polo que o PSOE incumpre o seu propio acordo.  

 O BNG lembra que a moción é froito da petición de veciños e veciñas que levan anos solicitando que se lle busque unha solución aos problemas de humidades e augas nos baixos debido a unha rúa estragada ao longo dos anos.  

 “Esta xente leva anos reclamando o que é xusto, unha rúa decente. O goberno do PSOE, desprézaos atrasando a mellora da rúa San Caetano. O PSOE sabía en setembro deste acordo, non teñen desculpas, a obra tiña que facerse este ano, si ou si. Agora que o alcalde vaia a praza de San Caetano e llo explique á veciñanza”, comentou Ángel Luis Baz.  

 Unha vez máis o PSOE amosa o desprezo que ten polos acordos aos que chega e polos propios veciños e veciñas.
  
 O BNG vai estar vixiante para que esta obra se realice dado que é un acordo plenario, e sobre todo, porque é unha necesidade para o barrio, conclúe o voceiro nacionalista.

1 comentario:

Anónimo dixo...

O alcalde discrimina todo o que sexa "facer algo" , o seu é non rascar bola e sair nas fotos enseñando os dentes como se anunciase dentífrico!.