9 de ago. de 2017

A GUARDA

"ARTE DO ADENTRO": MOSTRA MULTIDISPLINAR DO GRUPO SOMOSARTE

Pode visitarse na sala de exposicións do Centro Cultural da vila ata o 15 de agosto

Vista parcial da mostra "Arte do adentro", que o colectivo Somosarte presenta no Centro Cultural de A Guarda
Foto: Infogauda

Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 O colectivo Somosarte presenta unha mostra de pintura i escultura, na sala de exposicións do Centro Cultural da vila de A Guarda. Nese emblemático inmoble, veciños e visitantes poden ademirar ás obras de sete integrantes deste grupo de artistas (tres pintores/as e catro escultores da zona do Baixo Miño): Libia Domínguez, de Goián; Nacho Martínez (Naa), de A Guarda; Mónica Taboada (Puntal), de Camposancos (A Guarda); Adrián Pena, de Vigo; Ignacio Moure (Moure), de Tomiño; Anxo Ferreira, de A Guarda; e Xuxo Malone, de A Guarda.   

 Pinturas ao óleo, acrílico, acuarelas,..., comparten espazo con tallas en madeira, escultura en pedra, cerámica,..., e onde tanto á temática como ás técnicas que empregan os artistas, son moi variadas. De tal xeito que as propostas que nos brindan non poden ser máis heteroxéneas. E con certeza aí radica o éxito da mostra que o colectivo Somosarte nos ofrece.

 "Arte do adentro" poderá visitarse ata o 15 de agosto de 10:00 a 13:00 h. e de 19:00 a 22:00 h. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario