A ÚLTIMA FIN DE SEMANA DE AGOSTO VÉN CARGADA DE EVENTOS PARA TÓDOLOS GUSTOS
Deportes, folclore, gastronomía, música, oportunidades comerciais,...
Infogauda / A Guarda
Dende mañá venres ata o próximo domingo, poderemos desfrutar na Guarda dos diferentes eventos musicais, gastronómicos, comerciais e deportivos organizados para aproveitar ó máximo da última fin de semana de agosto.
O venres 25 gozaremos da noite de verán co novo concerto da programación “Música nas Prazas”. Esta vez tócalle a quenda á formación guardesa Indomables Coverband e as súas propostas de rock. A cita é na Praza da Guía ás 23:00 h.
A partir das 9 da noite, tamén o venres, na Alameda, comeza a VI Festa do Percebe e de produto da terra e do mar.
Ata o domingo, as persoas que se acheguen poderán degustar os distintos productos da terra e do mar que se ofertan, así como visitar a Feira de Artesanía mentras os máis pequenos xogan nos inchables. Todo isto amenizado con música e charangas.

O sábado 26, ACIGU organiza unha nova Feira de Oportunidades durante todo o día na Praza Nova e na rúa Vicente Sobrino.
Asemade, o sábado ás 20:30 h., no Parque do Cancelón (O Montiño), na subida ao Monte Santa Trega, dará comezo o Xubileo Penitencial do Voto a Santa Trega. Trátase dunha tradición multisecular na que participan varons das setes parroquias do Arciprestazgo de A Guarda: Santa María da Guarda, San Lourenzo de Salcidos, A Visitación de Camposancos, Santa Mariña do Rosal, San Miguel de Tabagón, San Xoán de Tabagón e San Bartolomeu das Eiras.

E pola noite, ás 22:30 h., a Asociación Folclórica Vento Mareiro ten preparado o Serán da Guía, con grupos tradicionais que participan nunha das actividades enmarcadas nas Festas da Virxe da Guía, de Ribadavila (A Guarda).
Por outra parte, o domingo 27 celebraranse as típicas Carreiras Pedestres Populares da Virxe da Guía no seu percorrido habitual, dando comezo ás 19:00 h. na Praza da Guía.
Precísase inscripción previa na sede social da Comisión ou ata as 18:30 h. o mesmo día da carreira e haberá trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría.
Precísase inscripción previa na sede social da Comisión ou ata as 18:30 h. o mesmo día da carreira e haberá trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría.
Para rematar a fin de semana, o domingo a partir das 20:15 h., no Auditorio de San Bieito terá lugar a firma de autógrafos da plantilla do equipo Mecalia Atlético Guardés, que milita na División de Honra Feminina e ás 21:00 h., guiado polo xornalista Vicente Muñoz, comezará o acto de presentación do equipo de balonmán Mecalia Atlético Guardés.

Ningún comentario:
Publicar un comentario