4 de ago. de 2017

A GUARDA

XXXI CERTAME DE POESÍA FELICIANO ROLÁN VICENTE


A AGRUPACIÓN CULTURAL GUARDESA ENTREGOU OS GALARDONS OS POETAS PREMIADOS NESTA EDICIÓN

De esq. a dereita: Elena Baz Rodríguez, Manuel Santos González, Adolfo Rolán Mosquera, Julia Sobrino González, Rocío Leira Castro, Isaura Lago Álvarez, Ramón Sandoval, Antonio Lomba Baz, Laura González González e María Alonso Vázquez
Fotos: Infogauda

Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 A noitiña do pasado xoves día 3 de agosto, deu comezo no salón de actos do Centro Cultural de A Guarda, o acto de entrega dos galardons os poetas premiados no XXXI Certame de poesía Feliciano Rolán Vicente.

Marisol Diz Amil

 Presentada por Manuel Santos González, a velada poética comezou coa intervención de Marisol Diz Amil  que recitou un poema de Feliciano Rolán.

 A continuación subiron o escenario María Alonso Vázquez e Laura González González, que interpretaron ao piano, a catro mans, as seguintes composicions musicais: 

· El jardin de la felicidad, de Maurice Ravel.
· Pavana de la bella durmiente, de Maurice Ravel.
. Berceuses, de Reynaldo Hahn.
· Saludo de amor, de Edward Elgar.

Ramón Sandoval, de Vigo, recitando seu poema "Náufrago das cidades"

 Rematada a actuación das pianistas guardesas, o conductor do evento deulle paso o poeta Ramón Sandoval, de Vigo, autor do poema "Náufrago das cidades", co que gañou o 3º premio, e que recitou para tódolos asistentes o acto.

Rocío Leira Castro, recitando seu poema "Ruínas habitadas"

 Do mesmo xeito, procedería Rocío Leira Castro, de Cee (A Coruña), autora do poema "Ruínas habitadas" - inspirado na lembranza do seu avó falecido -, e polo cal o xurado otorgoulle o 2º premio.

Isaura Lago Álvarez, de Redondela, gañadora do 1º premio deste XXXI Certame de Poesía Feliciano Rolán Vicente

 E finalmente, chegou o intre de escoitar a Isaura Lago Álvarez, de Redondela, autora do poema "Meu fillo, meu corpo", co que gañou o 1º premio deste XXXI Certame de Poesía Feliciano Rolán Vicente, e que recitou de memoria dándolle a énfase que correspondía, a uns versos que refiren o sofremento dunha nai por culpa da lacra das drogas na que ás víctimas son os fillos.

O xurado do XXXI Certame Poético Feliciano Rolán Vicente foi íntegramente feminino

 A petición de Julia Sobrino González, presidenta da Agrupación Cultural Guardesa (A.C.G.), subiron o escenario as compoñentes do xurado: Chuny Vázquez Vicente (poetisa e pintora); Marisol Diz Amil (licenciada e Xeografía e Historia); Gloria Inés Vázquez Castro (mestra de Educación Primaria); Florentina Andrés Álvarez (profesora e doutora en Ciencias Políticas); e Fátima Pérez Sobrino (licenciada en Filoloxía Hispánica). En agradecemento a súa labor, foron agasalladas por membros da directiva da A.C.G., con uns ramos de flores.

 A Agrupación Cultural Guardesa tamén fixo entrega de un agasallo conmemorativo a Manuel Santos González, pola súa desinteresada colaboura neste tipo de actos. 

 Laura González González e María Alonso Vázquez

 Do mesmo xeito, as pianistas María Alonso Vázquez e Laura González González, recibiron cadanseu agasallo.





 E xa a continuación subirían novamente o escenario os poetas premiados, que recibiron seus respectivos agasallos de mans de Elena Baz Rodríguez, concelleira de Cultura; de Adolfo Rolán Mosquera (sobriño do poeta Feliciano Rolán Vicente), e de Antonio Lomba Baz, alcalde de A Guarda, respectivamente.

 Antes de dar por rematado o acto, Julia Sobrino González agradeceu as colabouras do Concello de A Guarda, i en concreto as Concellerías de Cultura e Turismo, respectivamente, así como a Deputación de Pontevedra.

Autoridades municipais, poetas premiados, colabouradores e directivos da Agrupación Cultural Guardesa, o remate da velada poética


 Foi, como xa é tradición na Agrupación Cultural Guardesa, unha velada na que se relembra á figura humana e poética de Feliciano Rolán Vicente, e sobor do cal José Filgueira Valverde dixo no seu día: "(...) Aquel gran poeta,...Habéis tenido la suerte de hacer el homenaje al poeta Rolán, al historiador Fontela, y con eso, os habéis honrado, honrado A Guarda (...)".

 Sobor de Feliciano Rolán Vicente, Ventura Castro Rial, membro dos Úbedas (amigos do poeta autor de "Huellas", e de "De mar a mar" - poemario escrito na Guarda, no verán de 1932 -, entre outras obras, dixo: "(...) Voz ciertamente magistral, originalísima, siempre de inspiración iluminada y cálida, orgullo de Galicia y aleccionadora de ejemplares enseñanzas para las generaciones que nos sucedan (...)".

 Tamén, como no podía ser doutro xeito, houbo as correspondentes lembranzas para o P. Orestes Caimotto, que foi director e profesor do Colexio PP. Somascos, de A Guarda, e para José Luis Lomba Alonso, que tamén foi profesor no devandito centro educativo, pois grazas a eles foi posible que a obra de Feliciano Rolán Vicente tivese á merecida difusión. Comezando pola publicación en 1970, por Edicions Castrelos, do libro "Obras poéticas", e xa en 1984, coa publicación pola Editorial Mezquita, do libro "Feliciano Rolán. Su obra poética", da autoría do P. Orestes Caimotto. 

 Dese xeito, a lembranza o poeta Feliciano Rolán Vicente continúa viva no pobo de A Guarda. Que sexa por moitos anos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario