26 de xul. de 2017

O ROSAL

O I FESTIVAL XENTE XIDA ARRANCOU CON BRÍO

O evento musical comezou na tardiña do día 24 e rematou na madrugada do Día de Galicia

Grupo de pandereteiras Tremelique
O Trebón dos Xidos facendo o pasarrúas pola Praza do Calvario anunciando o Festival Xente Xida
Fotos: Santiago Baz Lomba


Infogauda / O Rosal 

 O I Festival Xente Xida, organizado pola Asociación O Trebón dos Xidos, e que tivo lugar na Praza do Calvario, dende á noitiña do día 24 ata á madrugada do 25 de xullo, non puido arrancar mellor. En primeiro lugar polo atractivo cartaz, que os compoñentes do Trebón dos Xidos compartiron con Tremelique, Tino Baz, Pelepau e Ludovaina. E logo, pola magnífica resposta do respectable público que asistiu o festival con gañas de disfrutar do evento e de todo canto houbo no mesmo. Comida, bebida, agasallos os máis bailadores,..., e todo iso, sen esfolar o peto en demasía.

Tremelique e Teodoro Silva, artesán percusionista

 Foi, o noso entender, un xeito diferente de celebrar as Festas do Pilar e como non, tamén de conmemorar o Día de Galicia ou o Día da Patria Galega, porque, todo hai que decilo, non soio os artistas convidados estiveron de sobresaínte, senón que o público respondeu. Como era de agardar.

Silvia Castro (frauta traveseira), Iván Gómez (gaita) e Diego Alonso (tamboril), tamén actuaron con Tremelique

 Cantares na lingua de Rosalía, sons de percusión, de gaitas, de guitarra, de zanfona,..., que máis se pode pedir!

O gaiteiro, cantautor, músico e poeta Tino Baz Baz
Ludovaina no esceario
O grupo Pelepau - percusión e voces - na súa actuación

 Desde Infogauda felicitamos os compoñentes dos Trebón dos Xidos pola iniciativa de botar a andar o Festival Xente Xida, que con toda certeza vai ter continuidade en anos vindeiros para goce de propios e de visitantes. Porque á Música é Cultura. E ademáis, son actividades que nutren o esprito das boas xentes.


Fermosa estampa de fogos de lucería na noite rosaleira do I Festival Xente Xida


 Parabens os organizadores e a tódolos artistas - mulleres e homes - que lle deron altura e brío o I Festival Xente Xida.

Ningún comentario:

Publicar un comentario