26 de xul. de 2017

A GUARDA

“Viaxando pola historia, cen anos  do MASAT” 

A exposición abre as súas portas este xoves ás 19:00 h., na Casa dos Alonso   



Infogauda / A Guarda

 A exposición “Viaxando pola historia, cen anos do MASAT”, conmemorativa do I Centenario do Museo Arqueolóxico do Monte Santa Trega, inaugúrase este xoves, 27 de xullo, ás 19:00 horas na Casa dos Alonso. A mostra permanecerá aberta ó público ata o 27 de agosto, cun horario, de martes a xoves, de 12:00 a 14:00 horas e de 19:00 a 22:00. Os domingos e días festivos será posible á súa visita entre as 12:00 e as 14:00 horas.   

 A exposición amosará a evolución do museo dende os seus inicios no ano 1917, fundado pola Sociedad Pro-Monte Santa Tecla, ata os nosos días, e permitirá realizar unha viaxe ao pasado a través do patrimonio deixado polos nosos antergos. 

 Dende o Concello da Guarda convidamos a todas as persoas interesadas a que se acheguen á Casa dos Alonso para coñecer de primeira man como eran os habitantes que moraban na cima do Monte Santa Trega e como os membros da Sociedad Pro-Monte dedicaron o tempo a coidar e difundir un dos xacementos máis emblemáticos de Galicia, sinalou o alcalde Antonio Lomba Baz
  
 Esta mostra conta co apoio da Deputación de Pontevedra a través do persoal en comisariado e deseño gráfico, así como co seu financiamento con cargo ó  Plan Concellos 2017. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario