26 de xul. de 2017

A CRUZADA (A GUARDA)

O BNG preguntará no pleno pola reforma da rúa San Caetano 

Ángel Luis Baz Vicente (portavoz municipal do BNG no Concello de A Guarda): “Para o BNG é incomprensíbel que tralo acordo plenario de reformar a rúa San Caetano co Plan Concellos 2017, aínda non se teña noticias do proxecto”  

Angel Luis Baz Vicente, na rúa San Caetano (A Cruzada)
Foto: BNG

Infogauda / A Guarda

 O BLOQUE NACIONALISTA GALEGO ven de facer público que na vindeira sesión plenaria ordinaria do Concello de A Guarda vai preguntar polo proxecto de reforma da rúa San Caetano,  unha obra que conta doa aprobación unánime o pleno da Guarda, relembra Ángel Luis Baz Vicente, portavoz municipal do BNG no concello guardés.  

 “Vemos como avanza o ano e non temos noticias da obra. Vemos como se aproban obras polo plan concellos 2017, pero a da rúa San Caetano non se sabe nada”, comentou Ángel Luis Baz.  

 O BNG - engade o voceiro nacionalista - quere lembrarlle ao grupo de goberno do PSOE que estas obras de saneamento da rúa son máis que necesarias. De feito, foi unha petición dos veciños e veciñas que ven como as súas casas vense inundadas por unha deficiente e obsoleta rede de saneamento.  

 “Queremos que o alcalde da Guarda lle explique a estes veciños e veciñas, porque se ven relegados a un segundo plano, sendo unha obra tan necesaria para o barrio”, sinalou Ángel Baz.    

Falta de transparencia do goberno do PSOE  Dende o BNG podemos constatar que a falta de transparencia e a opacidade do goberno municipal do PSOE segue a ser unha constante. 

 Así o BNG ten presentado escritos para que se facilite o acceso aos proxectos de diferentes obras, entre as que está o da actual rúa da Cal ou a subida de San Amaro en Camposancos, sen ter contestación por parte do alcalde da Guarda”,  denuncia Ángel Luis Baz.  

 O BNG quer lembrar - conclúe Baz Vicente - que está obra vira con compromiso de facerse de xeito participativo e aberto algo que quedou en papel mollado.   

Ningún comentario:

Publicar un comentario