30 de xuño de 2026

A GUARDA

VANDALIZAN  A EXPOSICIÓN  DO “MEMORIAL DOS CALCETÍNS” NA GUARDA  

 Rouban dúas bandeiras palestinas e noutras pintan con pintura vermella as palabras Hamas e Hezbolah


Bandeira de Palestina vandalizada
Foto: Baixo Miño con Palestina

Infogauda/A Guarda

 O pasado luns 29 de xuño desapareceron na baixada ao porto da Guarda varias bandeiras palestinas que o colectivo Baixo Miño con Palestina colgara no día anterior como parte da exposición itinerante “Memorial dos calcetíns”. Ademais, outras dúas bandeiras apareceron escritas en cor vermella coas palabras “Hamás” e “Hezbolah”. 

 Desta maneira, un acto en lembranza dos nenos e nenas asasinados por Israel en Palestina, queda marcado pola pegada da intolerancia e da máis absoluta falta de respecto polos dereitos humanos. Este acto de vandalismo sionista demostra a necesidade de continuar a dar visibilidade ao xenocidio ao que está sendo sometido o pobo palestino e á política infanticida do estado de Israel.

 O “Memorial dos calcetíns”, no que se utiliza esta prenda colgada con pinzas en cordas a modo de tendal, pretende representar as infancias roubadas por Israel. Esta iniciativa xurdiu en Ourense da man de Radio Liverdade e está percorrendo diferentes concellos galegos. Na Guarda estará dende o 28 de xuño ata o sábado 4 de xullo e calquera persoa pode participar pendurando calcetíns e textos explicativos. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario