10 de xul. de 2017

LABORAL

CONVOCATORIA DE FOLGA NA FACTORÍA DE PSA CITROËN-VIGO

A EMPRESA NÉGASE Á MEDIACIÓN DO AGA




Vigo, 10 de Xullo de 2017

 Unha vez o 100% da Representación Sindical aceptou a mediación do AGA (FSI-SIT, UGT, CC.OO, C.I.G. e CUT), a Dirección tiña ata o venres para decidir se aceptaba dita mediación.
 Un dos principais motivos polo que o pasado venres rexistramos a CONVOCATORIA DE FOLGA PARA O SÁBADO 15 era por si a Dirección DECIDÍA REXEITAR QUE O AGA MEDIARA NO CONFLICTO.
 Non podíamos quedar de brazos cruzados ante semellante ABUSO DE AUTORIDADE e FALLA DE RESPECTO e preocupación da Dirección polos homes e mulleres que conformamos a Plantilla.
 NON nos enganábamos. A Dirección non solo volve obviar as demandas dos traballadores/as de cara mellorar as CARGAS DE TRABALLO se non que ademais, desta vez, despreza a decisión de TODA A REPRESENTACIÓN SINDICAL.
 A CONVOCATORIA DE FOLGA CUMPRE CON TODAS AS GARANTÍAS LEGAIS. Os feitos no que nos amparamos descansan nas CARGAS E RITMOS DE TRABALLO. Unha situación que, a día de hoxe, está estendida por todos os Talleres e Servizos da Fábrica tendo en conta a obsesión da Dirección por querer cumprir cos seus obxectivos. INCREMENTAR A PRODUTIVIDADE DOS TRABALLADORES/AS SEN REPARAR NAS CONSECUENCIAS QUE ELO ESTA A SUPOÑER NA SAÚDE.
 No día de onte, a Dirección, decidiu levar a cabo un acto para enmarcar o B-9 2 Millóns. As TRES CENTRAIS SINDICAIS consideramos que hai 2 Millóns de razóns para dedicar ESTA FOTO ao sacrificio, sobre-esforzo, molestias, dificultades, problemas físicos e psíquicos, ... derivados da fabricación dese vehículo que, xornada tras xornada, padecemos os miles de traballadores/as que lle damos forma, cor e vida. POR TODOS VOS COMPAÑEIROS e COMPAÑEIRAS...

A TÓDOLOS/AS TRABALLADORES/AS
Entre todos decidimos comezar a facer camiño dando pasos de cara a unhas condicións de traballo dignas e xustas para todos e todas, e este paso ten que marcar ”un antes” para cos traballadores e traballadoras que conformamos a Plantilla. Gústelle ou non á Dirección TENNOS QUE RESPECTAR.
Hoxe todas e todos temos un argumento para demostrarlle á Dirección que estamos fartos dos seus abusos de autoridade OBRIGÁNDONOS:
.- A penalizar a nosa saúde en prol dos seus obxectivos
.- A traballar baixo estrés
.- A desempeñar postos irrealizables
.- A realizar xornadas de traballo excesivas
.- ...ETC
Levamos anos padecendo (e moitas veces en silencio) as consecuencias desta regresión nas condicións laborais. É o momento de que todos/as, sen excepcións, obriguemos á Dirección a corrixir a súa postura intransixente de non querer reconducir os problemas reais que demandamos os traballadores e traballadoras.
ASEMBLEAS DE BOCADILLO
Quenda de Noite Mércores 11. Quendas do Día Xoves 12
As Asembleas de Bocadillo serán nos Talleres de MONTAXE, NAVE-S e FERRAXE. Tanto no Sistema 1 como no Sistema 2.

MONTAXE M-1 e M-2.- No sitio de sempre. (Na noite se non chove será fora)

NAVE S M-1 e M-2.- No sitio de sempre.

FERRAXE SISTEMA 1 e SISTEMA 2
.- As 10 da maña e as 18 da tarde baixo a Ponte e na Zoa de Descanso fronte a Nave H
.- Para a Quenda de Noite será as 2 da maña baixo a Ponte.

ACLARACIÓNS Á NOTA DE ONTE DA DIRECCIÓN:
1º) Manifesta que foi unha minoría quen solicitou a Mediación do AGA.
Certo. Pero posteriormente tanto FSI-SIT como UGT se sumaron a dita petición
2º) É a primeira vez que se acude ao AGA
Certo. Xa que desta vez preferimos esgotar todas as vias do diálogo internas. E unha vez esgotadas procedimos a facer uso dos mecanismos externos que legalmente temos a disposición previo a convocatoria de folga.
3º) A Empresa descansa nos Informes Técnicos para xustificar a non creación de postos nas Liñas.
Certo. O problema é dos que desenrolamos os postos que configuran eses técnicos. Vemos como seguimos tendo operacións superiores ao tempo que temos para facelas.
4º) Medidas de acompañamento
A dia de hoxe ningunha Representación Sindical abalaou que esas medidas foran as suficientes para afrontar dito incremento. E a maiores, para os/as traballadores/as, estas medidas carecen de realismo.
5º) Incremento da Plantilla en 145 persoas dende Marzo.
Certo. Pero dito incremento foi para cubrir o déficit de persoal nas Liñas por mor das baixas, Excedencias de Verán, Remate de Persoal Eventual,... Non para crear máis postos nas Liñas e poder así equilibrar as abusivas cargas de traballo.
6º) A Xerarquía permanece á escoita ante as deficiencias
Certo é que “oyen pero no escuchan”. Proba diso é que dende hai mes e medio os/as traballadores/as levamos denunciado as nosas problemáticas. De aí que esté máis que xustificado a solicitude da mediación do AGA e a Convocatoria de Folga inicialmente.

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario