10 de xul. de 2017

A GUARDA

O Concello da Guarda modifica as bases dos  Premios de Educación 2017  



Infogauda / A Guarda

 O executivo municipal de A Guarda ven de facer pública á seguinte nota:

 O Concello da Guarda realiza unha corrección das bases da convocatoria de premios aos mellores expedientes académicos do curso 2016-2017 para permitir a participación do alumnado dos centros concertados da localidade. 

 Considerando que as prazas de escolarización obrigatoria no Concello da Guarda non son cubertas na súa totalidade polos centros públicos que hai na localidade, e tendo en conta que as prazas que se necesitan no concello da Guarda complétanse coas ofertadas polos colexios dos pais Somascos e das Carmelitas, o concello estende os premios a estes centros concertados. 

 Desta maneira, igual que sucede coa maioría das actividades propostas dende a concellería de educación do concello da Guarda, a participación nesta proposta abarca a tódolos centros educativos da vila. 

 Nesta mesma semana, o concello comunicará aos alumnos cos mellores expedientes, propostos polos centros, que son os acredores destes premios educativos que se entregarán nas vindeiras datas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario