19 de xul. de 2017

BAIXO MIÑO

O BNG do Baixo Miño estará na manifestación do día da Patria Galega

O BNG anima a participar na manifestación que se vai celebrar na Alameda de Santiago de Compostela o 25 de xullo á partir das 12 h.
  


Infogauda / Baixo Miño

 O BNG presenta no Baixo Miño a celebración do Día da Patria baixo o lema "Galiza, a nación que compartimos" para simbolizar a aposta por un novo país, inclusivo e beneficioso para todos e todas. 

  O 25 de Xullo é a festa de todos os galegos e galegas, nesta nación que compartimos”, recalca Laureano Muíños, responsábel comarcal do BNG. Xunto con esta mensaxe de inclusión, o BNG tamén ten como gran obxectivo converter a celebración do Día da Patria nunha gran mobilización social en contra da discriminación e do agravio que padece o País e en defensa dos nosos intereses

 “Desde o BNG apostamos por unha mobilización na que as nosas veciñas e veciños asuman o protagonismo nun momento no que o Goberno galego está desaparecido e cun Feijóo cómplice necesario da discriminación. 

 Pretendemos que se mobilice toda a sociedade, e, para iso estamos traballando con todos os colectivos, asociacións e con todas aquelas persoas que senten este país”, conclúe Laureano.

 Banda sonora do día da Patria

   O BNG lanzou un tema musical a modo de banda sonora do Día da Patria, que nesta primeira edición ten como artistas protagonistas aos músicos Caxade e Mini, nunha proposta que leva por título Estamos todas canda a ti que xa está a circular polas redes.

 Autobuses desde o Baixo Miño 

 Para facilitar o traslado a Compostela, desde o BNG disporemos de transporte colectivo, autobuses, con saídas o dia 25 de xullo ás 09:30 da alameda da Guarda facendo paradas polo Baixo Miño. Para iso cómpre reservar praza no: 616 090 632 / baixominho@bng.gal

Ningún comentario:

Publicar un comentario