20 de xul. de 2017

A GUARDA

As inscricións no Trofeo de Volei Praia da Guarda na categoría amateur estarán abertas ata o venres   

Xóvenes participando nunha edición anterior do Trofeo Concello da Guarda de Volei Praia no areal do Codesal 
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 Este fin de semana celébrase unha nova edición do Trofeo Concello da Guarda de Volei Praia no areal do Codesal, con categorías amateur e senior. Esta última, dirixida a equipos federados, puntuará para o Campionato Galego de Volei Praia Senior. O período de inscricións para esta categoría xa se atopa pechado, mais aqueles que desexen participar no torneo na condición de amateurs este domingo, poderán inscribirse ata ás 14:00 horas do venres, previa pre-inscrición na páxina www.verandeportivo.com.   


 Ampliase, así, o prazo de anotacións, co fin de  facilitar a participación dos aficionados, que poderán consultar as condicións para das inscricións na páxina web arriba indicada. Así mesmo, poderán dirixir as súas dúbidas ó teléfono 607 877 995 ou ó correo electrónico deporte@aguarda.es.   

 O campionato, que conta co financiamento da Deputación de Pontevedra con cargo ó Plan Concellos 2017, celebrarase este sábado e domingo, 22 e 23 de xullo. Os competidores na categoría senior serán os encargados de inaugurar o trofeo o sábado ás 10:00, poñendo fin a súa primeira xornada ás 21:00 horas. O domingo, entre as 10:00 e as 20:00 horas, continuará o campionato galego, coincidindo coa celebración dos partidos dos equipos amateur.

Ningún comentario:

Publicar un comentario