20 de xul. de 2017

A GUARDA

Xosé Manuel Budiño, Mercedes Peón e Susana Seivane

Cartel de luxo para as Noites no Castelo deste sábado



Infogauda / A Guarda


 Este sábado, 22 de xullo, na Fortaleza de Santa Cruz da Guarda, terá lugar un concerto con tres dos mellores artistas do panorama musical galego actual. O gaiteiro Xosé Manuel Budiño, con Mercedes Peón como artista convidada, ofrecerá un concerto dentro da súa xira "Paralaia" 20 Aniversario, que dará comezo ás 22:00 horas. 

 A gaiteira Susana Seivane porá o broche de ouro á noite musical na fortaleza guardesa, cun concerto que comezará ás 23:30 horas.   

 A programación deste evento cultural, organizado polo Concello da Guarda, conta co financiamento da Deputación de Pontevedra, no marco do Plan Concellos 2017. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario