14 de xul. de 2017

A GUARDA

O Campus Deportivo chega o seu fin cunha celebración pasada por espuma

A festa da espuma, celebrada no exterior do pavillón da Sangriña, puxo fin a unha quincena chea de actividades
Fotos: C.A.G.


Infogauda / A Guarda

 O alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba Baz, e o concelleiro de Deportes, Manuel Javier Crespo González, despediron esta mañá, ós participante das escolas de balonmán, fútbol e baloncesto, coa entrega das medallas que dan conta do seu paso por este Campus Deportivo.
O alcalde e o concelleiro de Deportes, no pavillón da Sangriña, no acto da entrega das medallas 

 A festa da espuma, celebrada no exterior do pavillón da Sangriña, puxo fin a unha quincena chea de actividades, convivencia, xogos e deporte no que participaron máis de cen rapaces e rapazas, que se inscribiron nalgunha das tres modalidades deportivas ofertadas.
O alcalde Antonio Lomba, facendo entrega de medallas Estadio Municipal da Sangriña

 Amais das puramente deportivas, os participantes desfrutaron de actividades variadascomo obradoiros culturais, charlas educativas, visitas de deportistas destacados e saídas con fins lúdicos. O principal obxectivo deste Campus, con todo, consistiu en ofrecer ós pequenos a oportunidade de convivir nun entorno cacterizado polos valores da amizade e a educacións nos bos hábitos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario