14 de xul. de 2017

FOTOGRAFÍA

As OMIX do Baixo Miño, Porriño, Salceda e o Espazo xove de Tui convocan o XI Certame Fotográfico Viaxando


Infogauda / Redacción

 O XI Certame Fotográfico “Viaxando”, organizado polas Oficinas Municipais de Información Xuvenil de A Guarda, Rosal, Tomiño, Gondomar, Salceda de Caselas, Baiona, O Porriño e o Espazo xove de Tui está aberto á participación das mozas e mozos de entre 12 e 35 anos que presenten imaxes orixinais con temática relacionada co título do certame:“Viaxando”.  

 As fotografías poden ser en branco e negro ou a cor, presentándose en papel fotográfico cun tamaño de 20×30 e pegadas sobre unha cartolina negra de tamaño DIN A3. Cada participante pode presentar unha única fotografía, que terá que ser orixinal e inédita.   

 A fotografía levará no dorso o pseudónimo do autor e, de ser o caso, o título da dita fotografía, entregándose acompañada dun sobre pechado no que figurará o pseudónimo do autor e en cuxo interior o nome e apelidos, enderezo, teléfono e fotocopia do DNI, tal e como se especifica nas bases da convocatoria do Certame.   

 As imaxes poderán presentarse nas instalacións de calquera das entidades organizadoras ata o 22 de setembro, data na que remata o prazo. O gañador ou gañadora do certame terá como premio unha tableta e con todas as fotografías participantes farase, como xa é costume, unha exposición itinerante.

Ningún comentario:

Publicar un comentario