30 de xul. de 2017

A GUARDA

FILATELIA

A SOCIEDADE FILATÉTICA E NUMISMÁTICA GUARDESA PÓN EN MARCHA Á XXI EDICIÓN DA EXPOSICIÓN FILÁTICA EXFIMIÑO 2017 

Este ano a S.F.N.G. celebra o 50 aniversario da utilización por primeira vez das siglas EXFIMIÑO. 

Deseño do mataselos conmemorativo da EXFIMIÑO, 2017 


Luciano Lomba Español / A Guarda

 Xa se aproxima unha nova edición da exposición filatélica EXFIMIÑO, que organiza a Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa (S.F.N.G). Este ano celebramos o 50 aniversario da utilización por primeira vez das siglas EXFIMIÑO. 

 Poderase visitar a exposición do 4 ao 10 de setembro na Casa dos Alonso, de 11:00 a 13:30 e de de 17:00 á 21:00 horas. 

 A mostra contará, como ven sendo habitual, con coleccións de varias localidades de Galicia, presentadas en distintas modalidades filatélicas: tradicional, temática, un cadro, clase aberta,... 

 Tamén haberá algúnha colección de numismática. 

 Como en anos anteriores porase en circulación un selo personalizado e un mataselos alusivo da exposición.

Ningún comentario:

Publicar un comentario