29 de xul. de 2017

A GUARDA

A BANDA DE MÚSICA DA AGRUPACIÓN MUSICAL DE A GUARDA BRINDOU SEU TRIBUTO Á MÚSICA ROCK E POP

A Banda de Música da Agrupación Musical de A Guarda no concerto de onte a noite no porto guardés
Foto: Eduardo Rodríguez Pereira


Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda


 O fío das 23:00 h. de onte venres día 28 de xullo, a Banda de Música da Agrupación Musical de A Guarda, dirixida polo profesor Víctor Luis Alonso Treinta, ofreceu un concerto no Portiño Novo, de A Guarda. 

 O evento, organizado pola Agrupación Musical de A Guarda, coa colaboura de OR.PA.GU. e do concello guardés, contou coa asistencia de centos de persoas que non quixeron perderse á oportunidade de disfrutar con un programa que tivo por obxecto brindar un tributo á música Rock e Pop. E abofé que os compoñentes da Agrupación Musical de A Guarda lograron o que se habían proposto, ofrecendo un concerto no que ás figuras míticas da música do século XX e comezos do XXI, nacionais e internacionais, foron homenaxeadas como son merecentes.

 O formidable concerto, de máis de 90 minutos de duración, foi todo un espectáculo musical e visual, no que tamén participaron compoñentes do Grupo de Baile Xamaraina, que executaron alguns bailes o son das músicas de Queen, Michael Jakson, Depp Purple, Nino Bravo, Meccano,..., entre outros.

 Enmarcada na programación da XIV Festa do Peixe Espada, foi unha velada memorable, que nos transmitiu boas vibracions e nos reconforta constatar, unha vez máis, que ainda que algúns vexan para outro lado, A Guarda ten razóns máis que suficientes para reivindicar diante das institucions públicas (Xunta de Galicia, Deputación de Pontevedra, Concello,...), un multiusos en condicions - que ben podería ubicarse no antigo colexio Manuel Rodríguez Sinde -, onde tanto a Banda de Música Agrupación Musical de A Guarda, como outras entidades culturais existentes no termo municipal guardés, teñan un lugar axeitado para amosar todo o moito, e bon, que nos ofrecen o longo de todo o ano.

 Xa llo dixemos, en plan coloquial, o alcalde Antonio Lomba Baz, e outros membros da Corporación Municipal de A Guarda. Haberá que ir preparando con tempo, unha Maratona Cultural, para visibilizarlles a algúns á realidade cultural que posúe A Guarda, e que a día de hoxe, non tivo a receptividade institucional que nos corresponde. 

 Somos da opinión que se cadra, a razonada e razonable aspiración de un multiusos que teña un aforo semellante o que tivo o Cine-Teatro Avenida, non pode facerse de un ano para outro. En todo caso, haberá que comezar a dar os pasos previos a nivel local, para afortalar esa aspiración e tentar conquerila a curto ou medio prazo. E decir en un período de non máis de 8 anos. Coidamos que en dúas lexislaturas deberían ser suficientes para acadar o fin proposto.

 Rematamos por hoxe dando os merecidos parabens o director, músicos e directivos da Agrupación Musical de A Guarda, polo éxito do Concerto Tributos Rock&Pop, e por toda a formidable traxectoria que teñen desenvolvido deica agora, así como por todo o que ainda nos van a ofrecer no futuro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario