27 de xul. de 2017

A GUARDA

CULTURA

ISAURA LAGO ÁLVAREZ, DE REDONDELA, GAÑA O 1º PREMIO DO XXXI CERTAME DE POESÍA FELICINO ROLÁN

O 2º premio é para Rocío Leira Castro, de Cee (A Coruña), e o 3º premio para Ramón Sandoval, de Vigo 

Monumento o poeta Feliciano Rolán Vicente, obra do insigne escultor Magín Xulio Picallo Durán 
Foto: Infogauda

Infogauda / A Guarda 

 A Agrupación Cultural Guardesa ven de facer pública á acta do xurado do XXXI Certame de Poesía Feliciano Rolán Vicente, na cal se da a coñecer o que segue.

 O día 21 de xullo, ás 20:30 horas da tarde, ten lugar no local da Agrupación Cultural Guardesa a reunión do xurado cualificador do XXXI Certame de Poesía Feliciano Rolán en presenza de membros da directiva.  

 Forman parte do xurado: Chuny Vázquez Vicente, poetisa e pintora; Gloria Inés Vázquez Castro, mestra de Educación Primaria; María Soledad Diz Amil, licenciada en Xeografía e Historia e bibliotecaria do Concello da Guarda; Florentina Andrés Álvarez, profesora e doutora en Ciencias Políticas; Fátima Pérez Sobrino, licenciada en Filoloxía Hispánica.  

 O xurado acordou premiar aos seguintes poetas:  

1º Premio: Isaura Lago Álvarez, de Redondela, polo poema “Meu fillo, meu corpo”. 

2º Premio: Rocío Leira Castro, de Cee (A Coruña), polo poema “Ruinas habitadas”.

3º Premio: Ramón Sandoval, de Vigo, polo poema “Náufrago das cidades”.

 Remátase a deliberación do xurado ás 10:30 da noite e acórdase comunicar aos poetas galardoados que a data de entrega de premios será o xoves día 3 de agosto ás 9 da tarde no Centro Cultural da Guarda e contaremos coa actuación das pianistas María Alonso Vázquez e Laura González González.  

 A Presidenta, Julia Sobrino, comunica o agradecemento da Agrupación Cultural Guardesa ao Concello da Guarda, á Concellería de Cultura, á Concellería de Turismo e á Deputación de Pontevedra pola subvención e colaboración neste acto.  

A Guarda, 21 de xullo de 2017   

  A PRESIDENTA                                        A SECRETARIA 
Julia Sobrino González                   María Soledad Diz Amil

Ningún comentario:

Publicar un comentario