28 de xul. de 2017

A GUARDA

O PP da Guarda pide facilidades para os fillos de pais traballadores no acceso á escola infantil municipal  

“Non ten ningún sentido que o Goberno local diga que defende e favorece a conciliación familiar cando despois discrimina o acceso aos nenos con pais traballadores, porque seguramente sexan os  que máis precisen dese servizo”.  

Conchi Ortega, voceira do PP da Guarda 

 Infogauda / A Guarda 

 Trala moción presentada pola voceira do PP da Guarda Conchi Ortega, os populares conseguiron no pleno celebrado onte que o goberno local se comprometera a reformar de forma urxente o regulamento da Escola Municipal Intantil da Guarda. “Un consenso necesario -segundo Conchi Ortega-, tras os problemas que xorden todos os anos cando se convoca a comisión de baremación das solicitudes de entrada á escola infantil, derivados do regulamento actual”.  

 A voceira popular explica que este ano houbo problemas coa consideración de pais que están en situación de excedencia laboral, coa definición de familia monoparental, problemas cos ingresos por anos e o máis grave, a discriminación de solicitudes de entrada de nenos con proxenitores que traballan.  

 Nesta liña incide en que “non ten ningún sentido que o Goberno local diga que defende e favorece a conciliación familiar cando despois discrimina o acceso aos nenos con pais traballadores, porque seguramente sexan os  que máis precisen dese servizo.  

 Con todo, o PP é consciente e apoia que economicamente teñan condicións diferentes os pais en paro e polo tanto sexá subvencionada a contribución, pero o que non se pode consentir é que se lle negue o acceso aos fillos de traballadores.   

 Conchi Ortega di  “é un tema tan importante para a vila, para os pais e nenos que por iso só dende o consenso da corporación se poderá  cambiar o regulamento con éxito, adaptalo a realidade económica, de traballo, e familiar das familias. Esperamos que trala moción aprobada onte se empeze a traballar en breve por este cambio tan demandado polos pais dos nenos”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario