19 de xul. de 2017

A GUARDA

Os alumnos cos mellores expedientes da Guarda reciben o seu Premio de Educación 2017

Un total de 24 mozos e mozas guardeses e estudantes nos centros educativos da localidade, recibiron un agasallo como recoñecemento as súas capacidades e ao esforzo realizado durante o curso

O alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba Baz, e a concelleira de Cultura, Elena Baz Rodríguez, cos alumnos premiados
Fotos: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 O alcalde do Concello da Guarda, Antonio Lomba Baz, e a concelleira de Cultura, Elena Baz Rodríguez, fixeron entrega esta mañá dos Premios de Educación 2017, nun acto celebrado no salón de plenos ao que foron convidados os alumnos e alumnas cos mellores expedientes académicos de todos os centros educativos da localidade.

Alumnos, nais e pais, e outros familiares, escoitando o alcalde e a concelleira de Cultura

 Antes de proceder a facer a entrega dos premios, a concelleira salientou a importancia dos valores do esforzo e o traballo, especialmente na etapa educativa, como ingredientes de éxito no futuro. Neste mesmo sentido, o alcalde destacou a importancia da discriminación positiva, isto é,  “axudar a todos, aos que máis o necesitan, pero tamén aos que máis capacidades teñen para que acaden os seus obxectivos”. Esta filosofía, que recoñeceu aplicar xa na súa etapa como docente, foi a inspiradora desta primeira edición dos Premios de Educación, do que resultaron beneficiados un total de 24 mozas e mozos.

O acto da entrega dos Premios de Educación 2017 tivo lugar no salón de sesións do Concello de A Guarda


 Os agasallos outorgáronse nos cursos académicos que poñen fin a unha etapa educativa, de xeito que a concelleira animou a todos os asistentes a non relaxarse con respecto a necesidade de continuar esforzándose nos cursos académicos vindeiros. 

 Así pois, no curso de 6º de primaria, resultaron premiados: Xiana Fidalgo Crespo, Iago Soler Lomba, Mar González Alonso e Kimberly Trinidad Goyás, do CEIP A Sangriña; Xoel Dieste Dacuña e David González Goyás, do CEIP Manuel Rodríguez Sinde; Anxo Sánchez Higuero e Pablo Coballes García, do CEIP  Nicolás Gutiérrez Campos "As Solanas"; Andrea Veiga García e Ángel Martínez Fernández do CPR PP. Somascos; e Estela Baz García e Alejandro Lomba Alonso, do CPR San José Hermanas Carmelitas.

 No curso 4º da ESO, foron recoñecidos como mellores expedientes os de Uxía Vicente Villa, Sabela Martínez González e Fernando Rodríguez Garcés, do IES A Sangriña; Iria Peniza Rodríguez, do CPR Pais Somascos e Lucía Riveiro Rodríguez, do CPR HH. Carmelitas., do IES A Sangriña

 En 2º de bacharelato, as mellores notas foron as acadadas por Antonio Cernadas Garrido, Nerea Portela Riveiro, Leonor da Conceiçao Póvoa e Antonio Álvarez Álvarez do IES A Sangriña. Xa nos ciclos formativos, Javier Martínez Pena recibiu o seu agasallo como o alumno co mellor expediente en ciclo superior, mentres Víctor Alonso Martínez e Rubén Carrera Amoedo, foron os alumnos agasallados no grado medio. 

Nota da Redacción de Infogauda: 

 Esta información foi actualizada ás 17:15 h. do 19.07.2017, xa que por motivos alleos a este xornal dixital habíanse omitido os nomes, apelidos e centros educativos, correspondentes a tres alumnos que tamén foron premiados. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario