26 de xul. de 2017

A GUARDA

Gas Natural Fenosa anuncia cortes de electricidade na Guarda para a mañá do domingo    

Infogauda / A Guarda

 O executivo municipal do Concello de A Guarda ven de facer público que o vindeiro domingo día 30 de xullo, entre ás 7:00 e as 11:00 horas, poderanse producir cortes na subministración eléctrica en distintas zonas e barrios do concello da Guarda. Segundo informa a distribuidora Gas Natural Fenosa, estas interrupcións responden ós traballos de mantemento e mellora da rede eléctrica que a compañía ten programado acometer durante esa mañá na vila da Guarda. 

 En concreto, os cortes eléctricos afectarán ás seguintes rúas ou zonas: Monte Santa Trega, a estrada Subida ó Monte, a barriada de San Caetano, a travesía de San Caetano, rúa Cal, a estrada de Circunvalación, a avenida Fernández Albor, a travesía Inguieiros, o camiño Bouza da Fonte,  a estrada Costa dos Soldados, o camiño Praia da Lamiña, o camiño Forno do Duque, as rúas primeira, segunda e terceira transversal da Pasaxe, a travesía do Paseo de Portugal, o camiño Palomar, a estrada Codesal, barrio A Pasaxe, rúa de Outeiros, o camiño Fonte Quente, a estrada Camposancos, a zona de Sestás e A Sangriña, o lugar da Picota (Camposancos), a primeira travesía Costa dos Soldados, estrada Praia, a travesía da Praia Punta Barbela, Punta Varela, a travesía Praia do Muíño-A Barbela, lugar da Granxa, Porto de Sollás, camiño do Campamento, camiño Aloqueiro, segunda transversal Sáa-Baixada, o camiño Sáa, Longras, primeira travesía de Sáa, o camiño Couto, segunda travesía do Couto, primeira e segunda travesía do Couto, travesía Couto a estrada Circunvalación, o camiño de subida a San Amaro, travesía primeira Outeiro Cascallar, a Praza de San Amaro, travesía Couto a Circunvalación, camiño Granxa, camiño Outeiro, camiño Salgueiró, lugar Outeiro, primeira travesía Salgueiró, travesías segunda Outeiro y Salgueiró, travesías terceira Outeiro y Salgueiro, travesía cuarta Outeiro Redonda, travesía quinta Outeiro - Devesa, urbanización Rio Miño, camiño Baixada A Armona, camiño Pedra do Porto, camiño da Armona. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario