5 de xuño de 2017

DEPORTES

A A.D. Tomiño celebra o título de Copa dos seus cadetes

Os prebenxamíns foron subcampións e os alevíns tamén xogarán a final

                                        Equipo de cadetes da A.D. Tomiño

Informa (Redacción e fotografías): Gonzalo Lomba / Tomiño

 Logo de gañar con brillantez a liga e conseguir o ascenso á Primeira División Autonómica, os cadetes da A.D. Tomiño proclamáronse o sábado campións de Copa ao impoñerse ao Colegio Hogar SR 'B' por 1 gol a 3 na final disputada en Coia. 

 Os rapaces adestrados por Jesús Cabezas e Bruno González conseguiron así un dobrete de liga e copa cunha traxectoria impecable que os levou a final do sábado gañando todos os encontros do torneo copeiro.  

Equipo de prebenxamíns da A.D. Tomiño

 O éxito dos cadetes tomiñeses súmase ao subcampionato copeiro que obtiveron o mesmo sábado os prebenxamíns da A.D. Tomiño e á clasificación para a final que obtiveron os alevíns do club e que disputarán nos próximos días ante o Rápido de Bouzas 'E'.  

 A A. D. Tomiño celebra os bos resultados dos seus tres equipos na Copa así como o bo facer de todas as súas categorías nos campionatos ligueiros con boas clasificacións como o primeiro posto dos alevíns na segunda fase da tempada ou a permanencia en primeira autonómica dos Xuvenís un ano despois de ascender.  

 Para o club, estes bos resultados deportivos non fan máis que avalar o traballo que se leva facendo durante anos apostando por adestradores titulados e pola formación deportiva e persoal dos rapaces e rapazas que forman o club. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario