5 de xuño de 2017

A GUARDA

Debido a falla de mantemento periódico de xeito regular

A FOSA COMÚN DE SESTÁS SEMELLA UNHA "SELVA"!

O cemiterio civil tamén está descoidado






Fotografías: Infogauda


Infogauda / A Guarda


 Resulta verdadeiramente lamentable constatar como o abandono do recinto coñecido como Fosa Común de Sestás, é un feito bastante habitual o longo dos últimos tempos. 

 Non pretendemos molestar a ninguén, pero non podemos comprender como A Guarda, un pobo que tantas veces demostrou seu respecto á memoria dos seres humans cuxas cinzas repousan nese lugar, pode chegar a ollar con total "normalidade", como as herbas medran de xeito tal, que mesmo semella que ese recinto está abandoado.



 Non é a primeira vez que deixamos constancia desa tristeira realidade, nin será a derradeira, namentras teñamos folgos para elo. 

 E non nos vale, que algunha persoa nos diga que xa ten avisado a un operario para que faga esas tarefas, pois ainda sen dubidar das súas verbas, os feitos a vista de todo o mundo están, e acreditan unha realidade ben distinta e certamente nada grata.

 Dese xeito, entendemos que o que a Fosa Común de Sestás precisa, é que con regularidade se leve a bó termo, o necesario mantemento, que básicamente consiste no segado da herba, pois esa "selva" que ollamos, con máis frecuencia da que nos gustaría, é o que máis impacta visualmente.

 E queremos lembrar que a ese lugar acuden persoas non soio de A Guarda e de pobos veciños. Tamén veñen visitantes de outros lugares, de provincias da Comunidade de Castela-León e do Principado de Asturias, e incluso desde Portugal.




Estas dúas imaxes reflicten o estado en que se atopa o Cimterio Civil de A Guarda


 Ademais da Fosa Común de Sestás - cuxa superficie foi mercada no seu día por Xoán Noia Xil, a seu anterior propietario Ignacio Alonso Portela - , o Cemiterio Civil de A Guarda - que é de titularidade municipal -, tamén se atopa nunha situación semellante.

 Desde Infogauda pregamos que por parte de quen corresponda se corrixa esa vergoñenta situación que non reflicte o respecto que a cidadanía de A Guarda, sempre amosou por eses recintos, mesmo en épocas nas que ás liberdades democráticas non existían no noso país.

Ningún comentario:

Publicar un comentario