6 de xuño de 2017

CULTURA

O poeta Francisco Álvarez - Koki, ven de participar no IV Encuentro Internacional Poético Ciudad de Úbeda

O devandito evento cultural logrou reunir máis de 50 poetas procedentes de diferentes países do mundo, ademáis de persoas convidadas

Francisco Álvarez Álvarez (Koki), na Sinagoga de Úbeda, recitando poemas da súa autoría
Foto: Loli Estévez 

Infogauda / A Guarda

 Organizado pola Asociación República de las Letras, entidade presidida polo editor e poeta, Fernando Luis Pérez Poza (Pontevedra, 1958) e coordinado pola escritora e poetisa Isabel María Pérez Moreno (Isabel Rezmo), de Úbeda, en colaboura co Concello de Úbeda (Jaén), ven de celebrarse nos días 2, 3 e 4 deste mes de xuño, o IV Encuentro Internacional Poético Ciudad de Úbeda.

 O devandito evento cultural logrou reunir máis de 50 poetas procedentes de diferentes países do mundo, ademáis de persoas convidadas. 

 As verbas e seu poder evocador estiveron presentes nesas datas, marcadas por unha efeméride moi importante, como é o LXXV aniversario da morte do poeta Miguel Hernández. O poeta de Orihuela, que tivo un vencello moi importante con Andalucía, foi un símbolo de paz, tolerancia e loita contra á desigoaldade.

 Na súa lembranza, e dentro da ampla programación de actividades desenvolvidas no IV Encuentro Internacional Poético Ciudad de Úbeda, Francisco Escudero, Coordinador do 75 aniversario da morte do poeta alicantino, pronunciou unha conferencia no Palacio Don Luis de la Cueva.

 E como a poesía non ten fronteiras, queremos salientar que no IV Encuentro Internacional Poético Ciudad de Úbedaparticipou o poeta e escritor Francisco Álvarez Álvarez (Koki), que recitou poemas da súa autoría, incluidos no seu libro "Sombra de Luna", publicado por Ediciones Pigmalión.

Ningún comentario:

Publicar un comentario