10 de xuño de 2017

A GUARDA

Aberto o prazo para solicitar prazas para o Plan Termal “DEPOTERMAL 2017”



Infogauda / A Guarda

 O departamento de Servizos Sociais do concello de A Guarda, informa que está aberto o prazo para solicitar prazas para o Plan Termal “DEPOTERMAL 2017”, organizado pola Deputación Provincial de Pontevedra.  

 O programa consiste en pasar cinco tardes ou mañas seguidas (de luns a venres),  nun Balneario da nosa provincia ou nun programa de pernoctacion.  

 Destinatarios e requisitos dos mesmos:  

 Poderán beneficiarse do plan termal as persoas que non padezan ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade do plan e cumpran algún dos seguintes requisitos:  

1. Nacer antes de 1967, feito que deberá acreditar cunha fotocopia do documento nacional de identidade (DNI) ou número de identidade de estranxeiro (NIE) segundo o caso. 

2. Ser pensionista. Neste caso deberán achegar unha fotocopia do certificado correspondente. 

3. Precisar dun respiro, o que se acreditará mediante un informe do traballador social dos servizos sociais comunitarios básicos. 

O prazo  de presentación finalizará o 1 de xullo  

A Guarda, 5 de xuño de 2017  

Mª Teresa Vicente Baz
Concelleira de Servizos Sociais

Ningún comentario:

Publicar un comentario