10 de xuño de 2017

A GUARDA

Carmela Silva subliña que coa Festa Castrexa da Guarda coñecerase a cultura da época e o Monte Santa Trega

A Presidenta da Deputación de Pontevedra presentou o fito conmemorativo dos cen anos de creación do Museo Arqueolóxico do Trega  

A presidenta da Deputación de Pontevedra, co alcalde de a Guarda e membros das Comunidades de Montes de A Guarda, Camposancos e Salcidos - Foto: D.P.

Infogauda / A Guarda

 A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, xunto o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz, a concelleira de Cultura, Elena Baz Rodríguez, e o presidente da Asociación Veciñal das Parroquias de A Guarda, Manuel Castro Vicente, presentaron onte en Pontevedra a IIª Festa Castrexa. Evento que se celebrará os días 24 e 25 de xuño, e do que Silva destacou que vai servir para coñecer a cultura da época e o patrimonio dos montes do concello guardés. No acto de presentación estiveron presentes os representantes das comunidades de montes de A Guarda, Camposancos e Salcidos. 

 Manuel Castro salientou que nesta edición decidiron ampliar a dous días a duración da festa polo éxito acadado aumentando tamén as actividades. Castro destacou que a festa segue a ser unha iniciativa das tres comunidades de montes de Salcidos, A Guarda e Camposancos.  

 Pola súa parte, o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba, manifestou que o concello ven colaborando coa organización desta festa e subliñou que "pode animar a moita xente a visitar A Guarda e coñecer todo o noso patrimonio cultural e medio ambiental".  

 A Presidenta da Deputación felicitou as tres comunidades de montes e ao concello  pola posta en marcha desta festa que pon en valor unha das "cuestións que nos fai únicos e que está a ter unha gran atracción de turismo como é a cultura castrexa".  

 Entre as actividades que a festa vai ter, ademais das tradicionais de música, gastronomía ou xogos, a Presidenta destacou as rutas que vanse celebrar entre o sábado e o domingo. A primeira delas, que será o sábado 24, polos camiños forestais e carreiros do Monte Santa Trega, onde se irá explicando a localización dos xacementos e os aspectos menos coñecidos deles: como vivían os castrexos e castrexas, as agrupacións de construcións e a función de cada unha, ensinar e explicar o movemento dos asentamentos ao longo dos anos. Entre estes xacementos a visitar está o denominado "sector Mergelina", descuberto nos anos 30, cuxa escavación se fixo no marco do protocolo asinado entre a Deputación de Pontevedra e o Ministerio de Fomento para a posta en valor dos xacementos da provincia de Pontevedra. A segunda ruta será cabalar o domingo 25 para coñecer os montes e o seu patrimonio natural.  

 Por outra parte, Carmela Silva anunciou a firma dun convenio co concello de A Guarda, asinado onte mesmo con Antonio Lomba, para a elaboración pola Escola de Cantería dun fito conmemorativo dedicado á Sociedade pro Monte Santa Tegra fundada en 1912, a institución que impulsou a creación do museo arqueolóxico MASAT, ubicado no cume do Monte Santa Trega.  Este fito - que será inaugurado este sábado día 10 de xuño, ás 20:00 h., na Praza do Reló - é un menhir realizado polo alumnado da Escola de Cantería de 2.000 kg, feito en granito silvestre galego de 0,80 metros de ancho e 1,95 m de alto. A peza leva releves relacionados cos achados que apareceron nas escavacións do Monte Santa Trega.

A IIª FESTA CASTREXA FOI PRESENTADA ONTE NA CASA DOS ALONSO

Fotos: Infogauda

 Ademais da presentación institucional que tivo lugar onte pola mañá no Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra, a IIª Festa Castrexa foi presentada onte a tardiña na Casa dos Alonso. 


 O acto contou coa asistencia das concelleiras de Cultura e de Turismo, Elena Baz Rodríguez e Montserrat Magallanes Álvarez, así como outros concelleiros que forman parte da Corporación Municipal de A Guarda, e por suposto os representantes das Comunidades de Montes Veciñais en Mán Común de A Guarda, Camposancos e Salcidos, respectivamente, ademáis de unha magnífica participación de veciños das tres parroquias guardesas que non quixeron perderse ese acto.


 A presentación comezou coa actuación do Grupo de Acordeons Mascarenhas, de A Guarda, dirixido por José Luis Lorenzo Rodríguez, compositor, músico e fundador do devandito grupo musical.


 Deseguido farían uso da palabra, José Fernando Martínez Martínez, Manuel Castro Vicente e Eloi Gómez Mariño, respectivamente, que nas súas intervencions relembrarían o orixe da Festa Castrexa, darían a coñecer o programa cultural, lúdico, festivo e gastronomico, así como o pregoeiro desta edición que será o cronista Ricardo Rodríguez Vicente. 


 Tamén se convidou á participación de toda á cidadanía, así como se animou a que a xente vaia ataviada con indumentaria propia da época castrexa, para dese xeito, de ano en ano, ir dándolle máis pulo a este evento.

 Asemade, destacaron a magnífica disposición dos grupos musicais que van a participar: A Boalleira, Do Lusco ó Fusco, Os Trebón dos Xidos, Folk Lareira, Tanto nos Ten, Grupo de Giatas da 3ª Idade de A Guarda, Manuk, de Portugal; Vento Mareiro, Xamaraina e Coiro Vello.

 Dentro do amplo programa previsto nesta edición, que abranguen dúas xornadas - os días 24 e 25 de xuño -, tamén se inclúe unha andaina polo Monte Santa Trega, guiada por Miguel Reboredo Otero, funcionario de Patrimonio, da Xunta de Galicia, e probablemente á persoa que mellor coñece moitos dos segredos do poboado galaico-romano do Trega.


 Logo das diferentes intervencions, voltou a actuar o Grupo de Acordeons Mascarenhas, que ademáis das obras previstas inicialmente, interpretaría algunhas máis, respostando con gratitude a acollida que lles dispensou o respectable público. 


  En definitiva, foi unha presentación moi grata, que sen ningún xénero de dúbidas, vai motivar a que afluencia de público nesta nova edición da Festa Castrexa, supere á xa de por sí exitosa de 2016.

Ningún comentario:

Publicar un comentario