10 de xuño de 2017

BAIONA

"CAÍNO, PINTOR DA ALMA, NA MIRADA DOS NENOS"

Caíno, cos alumnos, nais, pais e profesores, do colexio Covaterreña, na inauguración da exposición na Capitanía Marítima de Baiona
Fotos: Marta G. Brea

Ricardo Rodríguez Vicente / Baiona

 Hai un pintor en Baiona que ama súa matria, que sinte seu latexar, que non é alleo o acontecer do seu pobo. É un artista con uns valores pouco habituais. Ten constancia no seu labor e adica súa existencia á Arte.

 Fai uns anos, o Concello de Baiona adicoulle seu almanaque, reproducindo a todo cor, unha das súas obras en cada mes dese ano. 

  Ten escrito e publicado poesía, e ten exposto tanto en Baiona, como en Vigo, Ourense, Monforte de Lemos, Tui, A Guarda, New York,...

 El é, nin máis nin menos, que Claudio Vasconcellos Cabral, (Caíno). 

O pintor Caíno con un dos alumnos do colexio Covaterra

 Nestes días, o pintor converteuse en persoaxe a estudar para os escolares de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria, colexio Covaterreña. 

Unha profesora do colexio Covaterra co pintor e poeta Caíno Vasconcellos

 Acompañados dos seus profesores, os escolares presentaron o venres día 9 de xuño, no devandito centro educativo, o libro "Baiona en rimas", elaborado coa axuda do artista, acto no cal participaron poetas, como o guardés Francisco Álvarez Álvarez - Koki, e logo inauguraron a exposición "Caíno, pintor da alma, na mirada d@s nen@s" na Capitanía Marítima. Alí poden visitarse ata o domingo as obras do pintor baionés e as versions que delas fixeron os escolares.

Ningún comentario:

Publicar un comentario