3 de xuño de 2017

A GUARDA

CAMPAMENTO URBANO 2017, CONCELLO DA GUARDA 

Desenvolverase durante o mes de xullo, de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas, e terá un prezo de 60€ por praza.   


 Infogauda / A Guarda

 O Concello da Guarda informa que a apertura do prazo para o campamento urbano de verán será dende o día 1 ata o 21 de xuño.   As actividades van dirixidas a nenos e nenas de 3 (ano natural de nacemento 2013) a 12 anos, que prioritariamente, estén empadroados na Guarda ou que o pai/nai traballe no noso municipio.  

 Os principais obxectivos destas actividades son: ofrecer unha alternativa lúdica e educativa aos rapaces e rapazas no tempo libre do verán e axudar aos pais e nais a conciliar vida familiar e laboral.  

 O campamento desenvolverase durante o mes de xullo, de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas, e terá un prezo de 60€ por praza.   

 As solicitudes e as bases de inscrición poderanse obter na OMIX ou na web municipal.   

 Máis información na Omix, no noso perfil facebook, a través do mail informacion@aguarda.es  ou no teléfono 986 614 546

Ningún comentario:

Publicar un comentario