3 de xuño de 2017

A GUARDA

AMORODO E CENORIO ACOMPAÑARON AOS ESCOLARES DA GUARDA OS DÍAS 31 DE MAIO E 1 DE XUÑO

A actividade estivo guiada por Amorodo e Cenorio, que xunto a colaboración dos praceiros e praceiras
Fotos: C.A.G.


Infogauda / A Guarda

 Os días 31 de maio e 1 de xuño o mercado da Guarda recibiu unha visita moi especial, xa que os ciclos de infantil dos colexios das Solanas, Sinde e Sangriña, pasearon, mercaron e aprenderon máis cousas sobre os ricos produtos que a Praza de Abastos da vila ofrece.  


 A actividade estivo guiada por Amorodo e Cenorio, que xunto a colaboración dos praceiros e praceiras, levaron aos rapaces e rapazas polos diferentes postos da Praza de Abastos para mercar diversos produtos e elaborar unha cesta da compra completa e sana.  

 Posteriormente realizaron diferentes xogos nos que aprenderon, dunha forma lúdica e dinámica a roda e grupos de alimentos. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario