7 de xuño de 2017

A GUARDA

COMEZA A NOVA EDICIÓN DE “MÚSICA NAS PRAZAS”  

Este venres, día 9 de xuño, ás 23:00 h., na Praza do Castro 


Infogauda / A Guarda

 Apartir do próximo venres, e ao longo deste verán, desfrutaremos da nova programación de “Música nas Prazas 2017”. A iniciativa, neste segundo ano de vida, busca promover as actividades culturais, neste caso a música, nas diferentes parroquias do municipio, polo que se acomodan as diferentes prazas para os variados concertos que se ofertan, cadrando sempre en venres.  

 O venres 9 de xuño, o grupo Mbolo Mooye Doolé será o encargado de abrir a quenda de actuacións na Praza do Castro ás 22:00 h., cos seus sons africanos.  

 O 7 de xullo, Sonus de Gaya presenta a súa fusión de diferentes tradicións musicais (música taiwanesa, celta-galaica ou latina) na Praza do Reló ás 23:00 h.  

 O 25 de agosto, os guardeses Indomables Coverband darán vida á Praza da Guía dende as 23:00 h., coas súas propostas de rock.  

 E o 15 de setembro, na Praza da Gándara, ás 21:00 h., actuarán Argonat Band, versionando clásicos, dentro da súa liña rock'n'roll e pop.

Ningún comentario:

Publicar un comentario