7 de xuño de 2017

VAL MIÑOR

O presidente provincial do PP está facendo unha rolda de visitas por todas as xuntas locais renovadas nos pasados meses 

Rueda considera que a unidade, a ilusión e o traballo son claves para que o PP volva a ser o partido máis votado en Nigrán e Gondomar  

Un reto para o que “é imprescindible que nos dous anos que quedan para as municipais se manteña a ilusión do primeiro día”. 

Paula Bouzós destaca que neste tempo “traballamos priorizando o contacto directo cos afiliados, pero sobre todo a unión dentro do partido. 

María José Pino valorou de forma positiva estes case cinco meses á fronte do partido. “Comezamos a moi bo ritmo e achegándonos a cada un dos nosos afiliados”. 


Alfonso Rueda, presidente do Partido Popular da provincial de Pontevedra reuniuse cos membros dos Comités Executivos Locais do PP de Gondomar e de Nigrán


Infogauda / Gondomar / Nigrán

 O presidente do Partido Popular da provincial de Pontevedra, Alfonso Rueda, lanzou hoxe unha mensaxe de “unidade” e de “traballo duro” ante os membros dos Comités Executivos Locais do PP de Gondomar e de Nigrán, elixidos o pasado mes de xaneiro. Rueda, que primeiro estivo en Gondomar e posteriormente se trasladou ata Nigrán, amosouse convencido de que a súa formación pode volver a ser o partido máis votado nestes dous concellos, nas municipais de 2019. 

 Na cita, enmarcada dentro dunha rolda de visitas que o presidente provincial comeza esta semana por todas as xuntas locais que foron renovadas con congresos locais nos últimos meses, insistiu en que “os resultados conseguidos en setembro reflicten que a xente quere votar ao Partido Popular, así que está nas nosas mans convencelos de que somos a mellor opción tamén para as municipais”. 

 Un reto para o que subliñou “é imprescindible que nos dous anos que quedan para as municipais se manteña a ilusión do primeiro día, con ideas e un proxecto claro ademais de unha perfecta coordinación entre o partido e o grupo municipal”. 

 Nesta liña Alfonso Rueda apuntou que “é necesario e imprescindible ademais falar cos veciños, coñecelos a todos, interesarse polo que pensan, polas súas propostas e tamén polas súas queixas. Ese é un labor necesario, porque só desta forma o PP poderá afrontar con garantías as municipais de 2019”.  

 “Creo que estades facendo un bo traballo, empezastes con moita forza, con moitas ganas e con moita ilusión e iso é o que fai falta para conseguir os obxectivos, por iso vos animo a seguir así e a seguir traballando”, sinalou o líder provincial dos populares.  

 Ademais o presidente popular fixo fincapé en que a súa formación ten que “ter un equipo forte en cada un dos concellos da provincia, porque o PP é o único partido que sae a gañar eleccións. Os demais confórmanse con ser segundos, ou incluso lles vale con obter algún concelleiro, nós non, o Partido Popular sae a gañar, pero para iso temos que estar preparados”. Un obxectivo, o de actualizar e renovar equipos, para o que a dirección provincial está traballando durante este ano 2017, coa celebración de máis de 10 congresos locais, o nomeamento de xestoras, e unha segunda quenda de congresos prevista para despois do verán. 


 A presidenta dos populares de Gondomar, Paula Bouzós, destacou que “nestes case cinco meses traballamos priorizando o contacto directo cos afiliados, pero sobre todo a unión dentro do partido”. Nesta liña, salientou a boa relación co grupo municipal, e recordou que este venres está convocada unha reunión na sede local con afiliados e simpatizantes para presentar unha revista que xa están repartindo entre todos os veciños pero tamén para que valoren estes primeiros meses de xestión. 


 No que respecta a Nigrán, María José Pino valorou de forma positiva estes meses á fronte do partido. “Comezamos cun bo ritmo, traballando casa por casa, afiliado por afiliado”, apuntou. Ademais de editar unha revista que xa están repartindo entre todos os veciños de Nigrán, o próximo mes de xullo organizarán unha Romería con afiliados e simpatizantes do PP local no Monte Castelo, e xa están traballando para constituir NN.XX. 

 Unha ilusión, sinalaron, que pretenden trasladar e contaxiar aos veciños, para que vexan que o PP está preparando unha verdadeira alternativa de goberno en Gondomar e Nigrán. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario