3 de xuño de 2017

A GUARDA

Campus Deportivo: A Guarda 2017

Terá lugar este verán dende o 1 ata o 14 de xullo
   

Infogauda / A Guarda

 O Concello da Guarda informa que ata o 15 de xuño estará aberta a convocatoria para inscribir aos rapaces e rapazas que desexen participar no Campus Deportivo que terá lugar este verán dende o 1 ata o 14 de xullo.  


 Neste Campus ofrécense tres modalidades deportivas: fútbol, baloncesto e balonmán para os nenos e nenas de idades comprendidas entre os 5 e os 15 anos. O prezo da actividade será de 70 euros para fútbol e de 60 para baloncesto e balonmán, cun desconto de 5 euros por cada irmá/n que se anote. 

 O horario da actividade será de 9:30 a 13:30 e dentro da programación de cada escola deportiva contaremos tamén con actividades lúdicas, culturais, piscina,… 

 Para inscribirse e/ou informarse as persoas interesadas terán que achegarse ata a OMIX do Concello da Guarda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario