27 de maio de 2017

TUI

O BNG congratúlase de que fose aprobada por unanimidade a proposta de nomear o novo centro de saúde de Tui "doutor Alejo Diz Jurado"  

Alejo Diz Jurado


BNG / Tui

 Desde o Bloque Nacionalista Galego de Tui, consideramos e defendimos que é de xustiza, que o novo centro de saúde de Tui, levase o nome do doutor “Alejo Diz Jurado”, un home bo e xeneroso polo seu traballo e compromiso social co pobo de Tui, que  segue transmitindo ás xeracións máis novas o seu agradecemento das persoas que atendeu e coidou como “médico dos pobres”.  

 Por este motivo hai uns meses presentamos en sesión plenaria unha moción defendendo esta iniciativa, e, a súa vez  comezamos unha campaña de recollida de sinaturas populares en apoio da mesma, obtendo na primeira semana centos  sinaturas das veciñas e veciños do concello de Tui, as que queremos amosar o noso agradacemento pola súa colaboración. Facemos extensible este agradecemento  ao colectivo social  "Levada libre"  que amosou o seu apoio publicamente.  

 Para favorecer o consenso de tódolos grupos municipais, o BNG retirou a iniciativa levándoa á Comisión de Honores en aras a garantir  a saída definitiva da proposta.  

 Felizmente, no día de onte, a iniciativa aprobouse por unanimidade polo que parabenizamos e agradecemos a contribución dos nosos compañeiros de corporación e da veciñanza de Tui.

Ningún comentario:

Publicar un comentario