26 de maio de 2017

OIA

Aprobada por unanimidade a iniciativa do BNG: praza "matrona Xulia Suárez" en Oia
  
A Corporación Municipal do Concello de Oia, aprobou por unanimidade á proposta do BNG, en presenza dunha representación das mulleres de Oia 

Fotos: BNG / Oia

BNG / Oia

 En virtude dos moitos anos que Xulia Suárez exerceu a súa profesión no centro de saúde de Oia, recoñecendo así a súa laboura que sempre desenvolveu con profesionalidade, asistindo e acompañando ás nais no proceso de xestación e de crianza  das súas fillas e fillos, traballo que levou adiante máis alá da súa profesionalidade, o Bloque Nacionalista Galego, no día de onte  defendeu en sesión plenaria a moción para que a praza do franquista José Solís Ruíz pase a chamarse "praza da matrona Xulia Suárez" que foi aprobada por unanimidade.   

O BNG agradece o apoio recibido das veciñas e veciños de Oia

 Por este motivo hai uns meses comezamos unha campaña de recollida de sinaturas populares en apoio desta iniciativa recollendo 1.110 sinaturas das veciñas e veciños do concello de Oia, as que queremos amosar o noso agradecemento pola súa colaboración.   

 No pleno de onte rematouse coa desigualdade de xénero manifesta que existía no concello de Oia na denominación de rúas e prazas, tendo Xulia Suárez, os méritos sobrados para ter este recoñecemento público xa que simboliza polo traballo que desenvolveu o papel da muller.

Ningún comentario:

Publicar un comentario