17 de maio de 2017

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

CARLOS CASARES E MANUEL VICENTE, PROTAGONIZARON Á CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Na homenaxe promovida pola Comunidade de Montes en Mán Común de Camposancos

Sabela Rodríguez Jardón lembrando a Carlos Casares


Informa (Fotografías e redacción): José Fernando Martínez Martínez / Camposancos

 Onte a tardiña na Casa Cultural da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común da parroquia de Camposancos, celebramos o Día das Letras galegas. Escomenzamos con Sabela Rodríguez Jardón lembrando a Carlos Casares. Ela tivo a sorte de ser alumna súa en Ourense, e nos falou da súa vida e tamén da súa obra literaria. A mín personalmente fixome lembrar a súa columna diaria "Á marxe" que publicaba en La Voz de Galicia. Foi sin dúbida unha exposición moi interesante. 

Lucía Martínez Diz, na súa intervención
Olga Rodríguez Vicente - no centro da imaxe xunto a seu fillo Aser Ferreira e o cantautor Tino Baz-, neta de D. Manuel Vicente Pérez, relembrou á figura literaria de seu avó
O Coro Fuscalleiro, de A Guarda, puxo broche de ouro á velada cultural

 Despois continuou o acto lembrando a un emprendedor camposino, D. Manuel Vicente Pérez, que fundou unha cerámica en Guillarei, alá por o século XIX, e hoxe en día ainda sigue activa, é a dos Trinta, e nas horas de lecer adicouse a escrebir algúns poemas que os seus herdeiros conservan como ouro en pano, E para contarnos da súa vida e lernos algo da súa obra poética subiron o escenario unha neta súa, Olga Rodríguez Vicente e Tino Baz. Foron momentos moi interesantes e ata incluso divertidos. durante a lectura de algún poema sacounos sorrisos pola picaresca do contido de alguns poemas.

 Pechou o acto o Coro Fuscalleiro, de A Guarda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario