17 de maio de 2017

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA SOLICITA Á LIMPEZA DA ANTIGA CASA DOS MESTRES

E se proceda a limpeza do patio interior destas vivendas ubicadas entre as rúas Manuel Rodríguez Sinde e Puerto Rico

Vista do patio interior da antiga Casa dos Mestres, no outrora Colexio Público Manuel Rodríguez Rodríguez
Foto: Converxencia Galega / A Guarda

Infogauda / A Guarda

 Adxuntando dúas fotografías, unha das cales publicamos nesta información, Celso R. Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega, na Corporación Municipal do Concello de A Guarda, ven de presentar no rexistro municipal de entradas á seguinte interpelación, dirixida á Alcaldía:

 LIMPEZA INMEDIATA DAS INSTALACIONS MUNICIPAIS  

 Temos recibido a chamada do vecindario da antiga Casas dos Mestres, que hoxe en día está ocupada por varias asociacións, para amosarnos o seu enfado polo estado de abandono en que se atopa o patio interior, donde creemos que unha imaxe vale máis que mil palabras, e non precisamos sinalar que esta situación, está provocando a proliferación de ratas e acumulación de lixo hacia as súas vivendas, habendo algún deles manifestado a súa queixa a algún dos membros do Grupo de Goberno do PSOE, sin que meses despois ninguén hubera feito nada por darlle unha solución, especialmente nestes momentos en que teñen bastante persoal polas axudas da Deputación, e que cada vez agravándose máis a situación.  

 Dende CONVERXENCIA GALEGA, solicitamos do Sr. Alcalde, para que se tomen as medidas oportunas a fin de levar a cabo unha intervención inmediata e se proceda a limpeza deste patio interior destas vivendas ubicadas entre as rúas Manuel Rodríguez Sinde e Puerto Rico.   

A Guarda, a 10  de abril  do 2.017 



Celso R. Fariñas
Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA         


Ningún comentario:

Publicar un comentario