15 de maio de 2017

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA PROPÓN REGULAR Á PRESIÓN DA AUGA NA FONTE DA ALAMEDA


Unha pequena facendo uso da fonte da Alameda da vila
Foto: Converxencia Galega / A Guarda

Infogauda / A Guarda

 O concelleiro Celso R. Fariñas, de Converxencia Galega, ven de presentar no rexistro municipal de entradas do Concello de A Guarda, á seguinte interpelación:

IMPOSIBILIDADE PARA OS MENORES DE FACER USO DO BEBEDEIRO DA ALAMEDA   

 Temos recibido nestas datas bastantes queixas de persoas maiores e de pais/nais que van a disfrutar das vacacións da Semana Santa, atopándose que si querían beber auga, era unha misión imposible, xa que a maioría das criaturas non teñen forza para pulsalo, situación que tamén se dá con moitos/as avós e avoas, sendo máis grave a situación, cando o consiguen e poñen unha botella para enchela, pois a presión ca que sale, fai que retorne, e a auga chímpana polos brazos ou pola roupa.   

 Un problema, que deberá de ser fácil de arranxar si a fonte dispón dun regulador de presión que facilitara o uso da mesma, sempre que dende o Concello, o Sr. Alcalde e/ou o Concelleiro responsable de Parques e Xardíns tivera a sensibilidade necesaria, para impartir as ordes oportunas e se fixeran estes axustes o máis pronto posible para que todos/as poideran acceder e facer uso desta instalación cando van a disfrutar do parque alí instalado.  

 Como para poder facer falar dun tema, o mellor é comprobalo, e por elo, co consentimento duns pais, solicitamos facer unha proba con unha das nenas alí presentes, e a verdade, e que o resultado foi un baño completo, polo que dende CONVERXENCIA GALEGA, vimos a solicitar do Equipo de Goberno do PSOE que den unha solución urxente a este problema que e fácil de arranxar, para o que o principal e ter boa vontade. 

                 A Guarda, a 04  de maio  do 2.017                                     
                                                                                                
Celso R. Fariñas 
Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA

1 comentario:

  1. ¿non hay nada mellor que protestar que a presión da fonte da alameda?. ¿non hay nada mais urxente que iso?. Andades a enredar en vez de denunciar cousas realmente importantes, pra os pequenos e tamén para os menos pequenos.SODES TODOS IGUAIS!!!.

    ResponderEliminar