12 de maio de 2017

A GUARDA

Os concellos da comarca do Baixo Miño comezan a Fase de Validación do proxecto sobre Accesibilidade Universal “Un Baixo Miño para todos” 

 Infogauda / A Guarda
  
 O Equipo de Accesibilidade da Asociación San Xerome Emiliani informa que presentou os informes de análise ás diferentes casas consistoriais do Baixo Miño, rematando así a segunda fase.  Nestes informes, relátanse de maneira personalizada, as necesidades atopadas así como aqueles axustes razonables específicos que se poden implementar dentro da normativa vixente.  A rasgos xerais, o acceso á información, localización e identificación das dependencias supoñen un punto de mellora compartido.  

 Segundo o devandito Equipo de Accesibilidade “durante este mes de maio, os concellos irán determinando a prioridade de abordaxe das propostas presentadas, comezando a traballar coa Asociación na terceira fase do proxecto: validación e implementación das mesmas.  “Un Baixo Miño para todos” representa unha das liñas de acción da Asociación no seu 40 Aniversario, apostando pola accesibilidade universal coma unha ferramenta fundamental na consecución da participación e implicación comunitaria real das persoas usuarias.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario