12 de maio de 2017

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA SOLICITA QUE OS TRABALLOS DE SINALIZACIÓN NAS RÚAS, SE FAGAN CON CRITERIO


 As imaxes reflicten claramente como foi feito o traballo de sinalización horizontal
Fotos: Converxencia Galega / A Guarda

Infogauda / A Guarda

 O concelleiro de Converxencia Galega, Celso R. Fariñas, membro da Corporación Municipal de A Guarda, ven de presentar no rexistro de entradas do Concello, á seguinte interpelación:

A PINTURA TAPA TODO,… ATA A HERBA!   

 O deixar as cousas para última hora, leva a que se fagan as presas e de calquer maneira, e así salen como salen, e case sempre mal.  

 Ca intención de presentar “unha faciana xeitosa” se procedeu ao pintado dunha serie de estradas, dende Donantes de Sangue, hacia Sete Camiños,  especialmente as que non teñen beirarrúas, para sinalizar os espazos para os vehículos, esquecendose dos peatóns, - eses non contan, na maioría dos caos - e as imaxes me remito, xa que nin as herbas foron cortadas para que tiveran un sitio por donde camiñar, ainda que con poucas, cando non sen ninguna medida de seguridade.   







 Pero para que o “traballo” estivera feito o máis pronto posible, non se podía perder o tempo limpando o lugar e eliminando as herbas que crecen de calquer maneira, incluíndo as que brotan no medio do asfalto – que así será de bó - que non fai tanto tempo que o botaron e xa se agrietou. 

 Dende CONVERXENCIA GALEGA, vimos a solicitar que se proceda a limpar e despexar o lugar da rúa donde si as franxas cadraban seguían por enriba das plantas, e senon de calquer modo, se  paraba a pintada e se continuaba noutro punto, sin xeito, pero seguramente, que quen o fixo, cobrou como si o fixera ben, e dentro de pouco poderemos ollar o persoal municipal facendo e dando solución o que otros deixaron de calquer maneira.                                                                                                                                                                      A Guarda, a 07  de maio do 2.017          

Celso R. Fariñas 
Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA

Ningún comentario:

Publicar un comentario