13 de maio de 2017

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA PRESENTA UNHA MOCIÓN PROPONDO Á CREACIÓN DUNHA COMISIÓN ESPECIAL/EXTRAORDINARIA

PARA ACORDAR UN REGULAMENTO DE ZOAS DE ESPAREXEMENTO DE ANIMAIS DE COMPAÑÍA

Celso R. Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega

Infogauda / A Guarda 

 O concelleiro Celso R. Fariñas, de Converxencia Galega, ven de presentar no rexistro municipal de entradas do Concello de A Guarda, para seu debate e aprobación se procede, na vindeira sesión plenaria da Corporación, á seguinte proposta:

ESPACIOS PÚBLICOS COMPARTIDOS DE PERSOAS E  ANIMAIS DE COMPAÑÍA

 Celso R. Fariñas, representante de CONVERXENCIA GALEGA, o abeiro da Lei 7/1985 de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e do RD 2568/1986, de 29 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Régime Xurídico das Entidades Locais, eleva o pleno para seu debate e aprobación, a seguinte:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

 Unha das funcions das Administracions Locais é regular aqueles aspectos que afecten a  convivencia dos  seus administrados, e un dos aspectos máis relevantes desa convivencia é o  disfrute e a ocupación dos espacios públicos polos habitantes desta vila. Tamén unha realidade indiscutible, que eses espazos son ademais compartidos por animais de compañía, que demandan unhas necesidades e servizos específicos, e xeneran máis alá das obligacions e  comportamentos regulados polas leis e polo civismo ciudadans, puntos de vista mui persoais, sentimentos e subxetividades que van dende o amor as mascotas, ata as sensacións de seguridade ou inseguridade derivadas da súa compañía.

 CONVERXENCIA GALEGA, analizando esta situación, e despois de reunirnos con veciños/as con vivendas colindantes as zonas de esparcimiento de mascotas que están usando, en xeral queremos plantexar a consideración deste pleno, unha proposta de adaptación de espazos públicos, para o uso compartido por persoas e animais de compañía.

 Como decíamos, a concentración de persoas nun determinado espazo físico da lugar a unha serie de necesidades e servizos que teñen que ser necesariamente compartidos por outros. Neste caso que nos ocupa eses espazos públicos, dende o portal dunha vivenda ou a veirarúa ata os parques e xardíns úsanse por cidadáns que en muitos casos comparten paseo con animais de compañía.

 Dende CONVERXENCIA GALEGA, sempre nos manifestamos a favor da creación deste tipo de zonas, pero consideramos tamén que non  estaría demais preguntar e  dialogar cos/as veciños/as  para plantexar a intención de ubicar unha zona de esparcimento de mascotas, algunos especialmente preto  dalgunhas vivendas con plantas baixas habitables.

 Dende CONVERXENCIA GALEGA, manifestamos en diversas ocasións que era nosa intención plantexar e intentar a ubicación de ditas zonas de esparcimento, en varios puntos da nosa localidade, pero sempre recibimos o silenzo como resposta.

 Pensamos, que sería bó abrir unha rolda de xuntanzas entre partidos políticos, asociación e veciños/as propietarios/as de animais de compañía, e residentes dos espazos seleccionados para intentar definir zonas de “convivencia de humans e animais de compañía” e así, evitar enfrontamentos, clarexando os tódalas dúbidas que se poidan plantexar.

 Consideramos que atopando unha zoa acordada por todos/as, sería a que beneficiara a todos/as.

 Tendo tamén en conta que é preferible un mal acordo, a non ter ningún, e dese xeito, non ter que estar recibindo denuncias diante da administración, nos xulgados ou diante do Valedor do Pobo por parte de veciños colindantes cas zoas de esparcimento.

 Dende CONVERXENCIA GALEGA, témonos manifestado favorables os animais e creación dunha zona de esparcimiento común para estos e tamén para os humáns, polo que non se pode tomar decisión de espaldas os vecinos/as e menos, pretender crear unha infraestructura sen diálogo, ni tan siquera unha regulación mínima do espacio.

 Por todo o anterior, dende CONVERXENCIA GALEGA, vimos a presentar para o seu debate e aprobación se procede, a seguinte MOCIÓN:


PRIMEIRO: Creación dunha comisión ESPECIAL/EXTRAORDINARIA composta polos distintos grupos políticos con representación municipal, técnicos de Urbanismo, veciños afectados, profesionais e colectivos interesados, para acordar un regulamento que será sometido a su aprobación en Pleno de Regulación das zonas de esparcimento. 

A Guarda, a 12  de maio  do 2.017  

Celso R. Fariñas 
Concelleiro de CONVERXENCIA GALEGA


Sr. Alcalde-Presidente 
CONCELLO DE A GUARDA

1 comentario:

  1. ¡Outra vaca no millo!.¿Non sería mellor pedir aparcamentos e que adecenten as rúas da Guarda?.

    ResponderEliminar