12 de abr. de 2017

TURISMO

O Alcalde de A Guarda e o Presidente da Cámara Municipal de Caminha presentan o tren turístico que unirá as dúas vilas

O tren turístico é unha alternativa de entretemento para os visitantes que se achegan ata Caminha e A Guarda e que aproveitan esta oportunidade de percorrer as vilas empregando un tren que incluirá as explicacións dunha guía

O alcalde de A Guarda e seu homólogo de Caminha, xunto con concelleiras e vereadores de ambos os dous concellos veciños, na presentació do tren turístico
Fotos: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 Este mércores 12 de abril tivo lugar no entorno do porto pesqueiro a presentación do tren turístico que dará a coñecer A Guarda e Caminha aos visitantes ata o vindeiro outono. Neste acto estiveron presentes os medios de comunicación galegos e portugueses e os representantes das Asociacións de empresarios da Guarda e da Confraría de Pescadores de Santa Trega.   

O tren turístico xunguirá as localidades de A Guarda e Caminha

 Segundo indicou Roberto Martínez, xerente da empresa do tren turístico, durante estas  primeiras semanas o tren realizará diferentes percorridos para definir os horarios e recorridos máis adecuados en función do tráfico e do horarios do ferry. Ademais a empresa manterá encontros co sector da restauración e así poder ofertar paquetes turísticos máis completos. Xa que a previsión é que o tren turístico se manteña ata mediados de outubro en funcionamento. Polo que se ofrecerán diferentes percorridos e horarios para os visitantes e de paquetes turísticos xa pechados para grupos concertados. 

O tren turístico na súa viaxe de presentación coas autoridades municipais de Caminha e de A Guarda e outros usuarios, facendo un suxerente percorrido 

 Para as datas de Semana Santa, de xoves a domingo, o tren turístico ofrecerá recorridos polo casco urbano da Guarda con saídas ás 10:00, 11:00 e 12:00 h. E aqueles que queiran visitar a vila de Caminha cruzando o Miño co ferry terán dúas saídas. A primeira saída é ás 13:00 e regreso ás 15:00h e a segunda saída é ás 17:00 e regreso ás 19:00h. Estes horarios foron deseñados debido ao funcionamento do ferry. Todas as saídas serán dende o porto, xunto ao Monumento ao Mariñeiro e a lonxa.

1 comentario:

  1. ¡Xa está a Guarda arreglada de todo!. O que mais falta lle facía era un tren turístico, ¡si señor! ¡maxima prioridade! e ¿como non? a Sr. alcalde na foto, esta vez acompañado de algunhas concelleiras, é o mais importante para o noso póbo , un goberno fotoxénico e un trén de xoguete.

    ResponderEliminar